Análise estatística de datos con soporte informático

Información do curso

Análise estatística de datos con soporte informático


Tipo Curso Complementario
Código C2040401
Nome Análise estatística de datos con soporte informático
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 20
Descrición O obxectivo fundamental deste curso é proporcionar ós alumnos coñecementos estatísticos básicos para utilizar e analizar datos cuantitativos e cualitativos.
Datas do curso: Do 21/06/2004 ó 24/06/2004
Horario: 16 a 21 horas
Amplíase o prazo de preinscrición e matrícula
Para calquera consulta sobre o curso: 986 801929 ou 986 801982
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 801929
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Moitos traballos de investigación requiren para a súa realización o manexo de datos e a necesidade de extraer, con procedementos estatísticos axeitados, a información contida nos mesmos. Neste senso, a utilización dun programa estatístico pode resolver esas necesidades de formación pola súa facilidade de uso.
Así, o curso "Análise estatística de datos con soporte informático" está pensado para ser eminentemente aplicado e práctico (os coñecementos matemáticos precisos serán moi básicos), cunha introducción permanente de exemplos aplicados e multidisciplinares, propostos e resoltos coa axuda do paquete estatístico SPSS.

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 05/05/2004 00:49 - 18/06/2004 23:49
Período de matrícula 27/05/2004 00:55 - 18/06/2004 23:55
Período de docencia 21/06/2004 - 24/06/2004

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 26
Número máximo de participantes 28
Créditos teóricos 0
Créditos prácticos 2
Validación de libre elección 1

Destinatarios/as

1. Alumnos de Terceiro Ciclo.
2. Docentes e Investigadores da Universidade.
3. Persoal da Administración Pública ou Profesionais de Empresas Privadas.

Obxectivos

O obxectivo fundamental deste curso é proporcionar ós alumnos coñecementos estatísticos básicos para utilizar e analizar datos cuantitativos e cualitativos.
Con este fin, o curso estructúrase en dúas partes fundamentais: a primeira relacionada coas cuestións operativas relacionadas coa xestión de arquivos (introducción e edición de datos, selección e segmentación, fusión de arquivos, ...) e a segunda dedicada ós procedementos para realizar análises estatísticas básicas (análise exploratoria gráfica, medidas descritivas, táboas de continxencia , comparación de poboacións, etc.

Condicións de acceso

Poderán solicitar o acceso a este curso todas as persoas interesadas na utilización de ferramentas estatísticas para o tratamento de arquivos de datos, que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.

Criterios de selección

Concederanse un máximo de 6 bolsas que suporán a reducción de 18€ do prezo da matrícula completa (80€), priorizando a súa concesión ó alumnado en paro ou con menos recursos económicos.
Para teren acceso ás bolsas, os alumnos deberán solicitalas na preinscrición. A concesión das bolsas será comunicada ós interesados pola Dirección do Curso e suporá que estes alumnos terán opción á matrícula reducida (62€) e que deberán dipoñer de ordenador portátil para o seguimento das clases.

Calendario

Preinscrición e matrícula: Ata o 18/06/2004, se quedan prazas vacantes.

Programa

LUNS 21 DE XUÑO DE 2004 DE 16 A 21 HORAS
MÓDULO 1: XESTIÓN DOS ARQUIVOS DE DATOS
Introducción de datos. Selección, ordenación e ponderación de casos. Segmentación e transformación. Fusión de arquivos.

MARTES 22 DE XUÑO DE 2004 DE 16 A 21 HORAS
MÓDULO 2: ANÁLISE UNIDIMENSIONAL
Análise descritiva dunha variable. Contrastes de hipóteses para a media. Tests de bondade de axuste e probas de independencia.

MÉRCORES 23 DE XUÑO DE 2004 DE 16 A 21 HORAS
MÓDULO 3: ANÁLISE BIDIMENSIONAL
Análise descritiva de dúas variables. Comparación de medias para mostras relacionadas e para mostras independentes. Contrastes non paramétricos.

XOVES 24 DE XUÑO DE 2004 DE 16 A 21 HORAS
MÓDULO 4: ANÁLISE DA VARIANZA (ANOVA)
Análise da varianza cun factor (táboa, comparacións post hoc e contrastes polinómicos). Análise de varianza factorial (táboa, comparacións post hoc, análise da covarianza).

Modo de pagamento

Matrícula completa: 80€.
Matrícula reducida: 62€ (consultar criterios de selección).

Impartido en

LUGAR DE CELEBRACIÓN: Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Pontevedra).
DATAS DO CURSO: Do 21/06/2004 ó 24/06/2004.
HORARIO DO CURSO: De 16 a 21 horas.

Titulación

Para acadaren o Diploma, o alumnado deberá asistir a un mínimo do 80% das horas de clase.
Unha vez considerados aptos, ós alumnos expediráselles un Diploma que acredite a súa participación no curso complementario “Análise estatística de datos con soporte informático”.

Profesorado

Módulo 1: José Vicente Novegil Souto
Módulo 2: María del Carmen Iglesias Pérez
Módulo 3: Ricardo Luaces Pazos
Módulo 4: María del Pilar García Soidán

Sistema de avaliación

A avaliación será continua e terase en conta a asistencia a clase e a resolución dos exercicios prácticos que se propoñan nos distintos módulos.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos