JCLIC: CREACIÓN DE ACTIVIDADES EDUCATIVAS
Información do curso
JCLIC: CREACIÓN DE ACTIVIDADES EDUCATIVAS
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0031 | ||||
Nome | JCLIC: CREACIÓN DE ACTIVIDADES EDUCATIVAS |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | JCLIC é unha aplicación de software libre que funciona en diversas contornas operativas (Mac, Linux, Windows e Solaris) e achega unha contorna multimedia para a creación, realización e avaliación de recursos educativos. Porén, os profesionais da educación poden crear aplicacións didácticas e interactivas para traballar aspectos procedimentais de prácticamente todas as áreas do currículo. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 10/10/2011 10:00 - 18/10/2011 14:45 |
---|
Destinatarios/as
-Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
-Importancia da utilización do software libre.
-Toma de contacto coa contorna JCLIC.
-Familiarización coas diferentes ferramentas e candansúas posibilidades.
-Integrar recursos multimedias as actividades que de cotío se empregan na aula.
-Coñecer o proceso para a programación de secuencias de actividades organizadas por proxectos.
-Publicar na web os materiais creados.
Condicións de acceso
Preinscrición na plataforma Bubela, dentro do periodo comprendido entre o 10 e o 17 de outubro de 2011.Aquelas persoas que, unha vez matriculadas, non asistan ás clases, salvo causa xustificada, non poderán acceder a novas convocatorias ou edicións dos cursos da Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación.
Calendario
18,20,25 e 27 de outubro, 3 e 8 de novembro, en horario de 19:00 a 21:00 horas.
Programa
1.- Introdución a JCLIC e JCLIC Author.
2.- Puzzles. Xerador de formas. Xogo de memoria. Sopa de letras.
3.-Asociacións. Actividades de exploración e identificación. Pantalla de información. Xeración automática de contidos.
4.- Actividades de texto. Resposta escrita. Palabras cruzadas.
5.- Secuencias de actividades. Sistema de informes. Importación de actividades.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Casa das Campás de Pontevedra. Rúa D. Filiberto, 9-11
36002 Pontevedra.
Profesorado
Alberto García Ariza.