SKETCHUP 8 : MODELADO EN 3D PARA TODOS
Información do curso
SKETCHUP 8 : MODELADO EN 3D PARA TODOS
| Tipo | Curso de Formación | ||||
| Código | CFP0029 | ||||
| Nome | SKETCHUP 8 : MODELADO EN 3D PARA TODOS |
|
|||
| Modalidade | Presencial | ||||
| Horas | 12 | ||||
| Descrición | SketchUp é unha aplicación de software, gratuíta para uso personal, que funciona en diversos ámbitos operativos (Mac e Windows), e permite conceptualizar e modelar imaxes en 3D de edificios, coches, persoas ou calqueira obxecto que o deseñador ou debuxante imaxine. SketchUp é unha ferramenta sinxela, aínda que poderosa, que combina dun modo fácil, rápido e divertido a espontaneidade do debuxo a man coa rapidez que achegan os medios dixitais. |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986 802080 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Entidades organizadoras
VICERREITORÍA DO CAMPUS DE PONTEVEDRA
Información sobre o calendario (datas)
| Período de preinscrición | 23/09/2011 10:01 - 30/09/2011 14:00 |
|---|
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 0 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 0 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Condicións de acceso
Preinscrición a través da plataforma bubela no prazo comprendido entre os días 23 e 30 de setembro de 2011. Aquelas persoas que, unha vez matriculadas, non asistan ás clases, salvo causa xustificada, non poderán acceder a novas convocatorias ou edicións dos cursos da Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación.
Obxectivos
-Toma de contacto co concorno SketchUp.
-Coñecer o proceso de deseño con SketchUp.
-Familiarización coas diferentes ferramentas.
-Visualización de modelos en 3 dimensións.
-Coñecer as posiblidades de relación entre SketchUp e Google Earth.
-Utilización da galería de obxectos, texturas e imaxes dispoñibles para descargar.
Profesorado
Lucía Fernández Constenla
Programa
1.- Introdución ao SketchUp: modelización.
2.- As ferramentas de debuxo e ferramentas de modificación.
3.- As ferramentas de visualización.
4.- Obxectivo práctico 1: Debuxo do modelo.
5.- Asignación de materiais e texturas.
6.- SketchUp e Google Earth.
7.- Obxectivo práctico 2: Inserción do modelo.
8.- Finalización do modelo: impresión e exportación.
Calendario
Días 3,5,6,10,11 e 13 de outubro, en horario de 19:00 a 21:00 horas, na Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.


