Curso de Iniciación á Formación para a Docencia Universitaria
Información do curso
Curso de Iniciación á Formación para a Docencia Universitaria
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFNP0105 | ||||
Nome | Curso de Iniciación á Formación para a Docencia Universitaria |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 70 | ||||
Descrición | O "Curso de Iniciación á formación para a docencia universitaria” insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o curso 2011-12. A devandita acción formativa está organizada pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade e a súa Área de Formación e Innovación Educativa. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986813596 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
A finalidade do curso e coñecer o contexto institucional docente, investigador e de xestión da Universidade de Vigo. Desenvolver actitudes e comportamentos positivos cara a docencia universitaria. Aprender a planificar a ensinanza no ámbito universitario. Coñecer metodoloxías e recursos didácticos para a docencia universitaria, incluídas as novas tecnoloxías. Desenvolver a avaliación para a mellora educativa. Contribuír ao desenvolvemento profesional, social e persoal dos docente universitarios, grazas tamén á innovación educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 28/07/2011 12:00 - 21/10/2011 10:00 |
---|---|
Período de docencia | A partir do 23/09/2011 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 50 |
Destinatarios/as
Está orientado aos novos profesores e profesoras da Universidade de Vigo con reducida ou ningunha experiencia previa de ensino e/ou de coñecemento sobre a universidade. Darase preferencia ao persoal docente e investigador da Universidade de Vigo a tempo completo que teña unha antigüidade, como máximo, dende o comezo do curso académico anterior.
Obxectivos
O curso de Iniciación á Formación para a Docencia Universitaria estará distribuído en 5 bloques temáticos:
- Inmersión na Universidade de Vigo. Contextualizarase o desenvolvemento profesional dos profesoras e profesores: os seus labores docentes, investigadores e xestores. Abordaranse aspectos sobre a carreira docente, a investigación, a transferencia e outros coñecementos institucionais que lles son necesarios.
- Novas tecnoloxías e ensino semipresencial. Promoverase a integración das TIC nos procesos de ensino e aprendizaxe a través dunha formación técnica e pedagóxica que posibilite o seu mellor aproveitamento. Ensinarase a empregar as plataformas virtuais da Universidade, así como a creación de contidos para a docencia online, emprego das utilidades educativas da Web 2.0 e o software libre.
- Docencia universitaria no marco do EEES. Instruirase aos novos docentes para abordar os retos educativos do EEES: a aprendizaxe autónoma, o papel das competencias, as novas metodoloxías acordes cunha ensinanza centrada no alumno/a, novos enfoques nas titorías e na avaliación universitaria e outros recursos que poden ser de gran utilidade.
- Desenvolvemento profesional. Ofreceranse ferramentas para favorecer o benestar profesional e persoal dos docentes: coidado da voz, mellora das técnicas de comunicación, control do estrés e nocións sobre intelixencia emocional.
- Experiencias de Innovación Educativa. Contarase cos relatorios das experiencias innovadoras máis salientables dos docentes da Universidade de Vigo
Criterios de selección
Ofertaranse 50 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.
Calendario
Calendario
Inauguración do "Curso de Iniciación á Formación para a Docencia Universitaria"
23 de setembro ás 10:00
Bloque 1
Inmersión na Universidade de Vigo. Contextualizar o desenvolvemento profesional dos docentes: os seus labores docentes, investigadores e xestores. (12 horas)
- “Titulacións e carreira docente na Universidade de Vigo"
- “Servizos informáticos e novas tecnoloxías na Universidade de Vigo”. Juan Aguiar Fernández. Área de Tecnoloxías da Información e Comunicación.
- “A investigación na Universidade de Vigo”. Mª Asunción Longo González. Vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo.
- “A biblioteca da Universidade de Vigo”. Gerardo Marraud. Director da Biblioteca na Universidade de Vigo.
14 de outubro de 10 a 12 horas
- "Transferencia e coñecemento na Universidade de Vigo". José Antonio Vilán Vilán. Vicerreitor de Transferencia do Coñecemento.
16 de marzo de 10 a 12 horas
23 de setembro de 10:00-12:00 e 9 de marzo de 10:00-12:00
30 de setembro de 12:00-14:00.
7 de outubro de 10:00-14:00.
Bloque 2
Espazo Europeo de Educación Superior. Coñecer os principais cambios que supuxo a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior. (4 horas)
- “Adaptación ao EEES: Situación actual e retos futuros”. Inmaculada Prieto Jiménez. Directora da Área de Apoio á Docencia e Calidade. Departamento de Química Inorgánica.
- “A calidade no Espazo Europeo de Educación Superior”. Inmaculada Prieto Jiménez. Directora da Área de Apoio á Docencia e Calidade. Departamento de Química Inorgánica.
21 de outubro de 10:00-12:00.
28 de outubro de 10:00-12:00.
Bloque 3
Novas tecnoloxías e ensino semipresencial. Promover a integración das TIC nos procesos de ensino e aprendizaxe a través dunha formación técnica e pedagóxica que posibilite o seu mellor aproveitamento. (12 horas)
- “Elaboración de materiais multimedia para a docencia”.
- “Aplicacións educativas da Web 2.0”. Pedro Cuesta Morales. Profesor titular da Universidade de Vigo. Departamento de Informática.
- “Contornos virtuais de aprendizaxe. Uso da plataforma TEMA”. Sonia Álvarez López. Servizo de Teledocencia
11 de novembro de 10:00-14:00.
18 de novembro de 10:00-14:00.
25 de novembro de 10:00-14:00.
Bloque 4
Desenvolvemento profesional. Ofrecer ferramentas para favorecer o benestar profesional e persoal dos docentes. (12 horas)
- “Técnicas de comunicación en público e coidado da voz”. Alfonso Rodríguez Fernández (Alfonso Rivera). Profesor da Escola de Arte Dramático de Vigo.
- “Intelixencia emocional no traballo e control do estrés”. José Vicente Novegil Souto. Profesor titular da Universidade de Vigo. Departamento de Estatística e Investigación Operativa.
- “A perspectiva de xénero na educación universitaria”. Amada Traba Díaz e Luz Varela Caruncho. Profesoras da Universidade de Vigo. Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía.
21 e 28 de outubro 12:00-14:00.
2 de decembro de 10:00-14:00.
3 de febreiro de 10:00-14:00.
Bloque 5
Experiencias de Innovación Educativa. Difundir experiencias novidosas que poidan guiar e mellorar a práctica docente dos participantes ao curso. (6 horas)
- “As actividades manipulativas como ferramenta de aprendizaxe no ámbito científico-tecnolóxico”. José Benito Vázquez Dorrío. Profesor titular da Universidade de Vigo. Departamento de Física Aplicada.
- “Neoludismo: xogos e aprendizaxe informal como estratexia docente”. José Carlos López Ardao. Profesor titular da Universidade de Vigo. Departamento de Enxeñería Telemática.
- “A avaliación do estudante a través da rúbrica”. Esther Martínez Figueira. Profesora da Universidade de Vigo. Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación.
30 de setembro de 10:00-12:00.
13 de xaneiro de 10:00-12:00.
20 de xaneiro de 12:00-14:00.
Docencia universitaria no marco do EEES. Instruir para abordar os novos retos educativos do EEES. (12 horas)
- “Docencia universitaria no marco do EEES”. Mª del Pilar González Fontao. Profesora Titular da Universidade de Vigo. Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación.
10, 17 e 24 de febreiro de 10:00-14:00.
Impartido en
Venres 16 de marzo.
10.00-12.00. Aula-seminario 4 da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Campus de Vigo
Observacións
CERTIFICADO DE ASISTENCIA:
A asistencia a esta actividade formativa será certificada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan ao 80% das sesións completas.