CONSULTORÍA PARA A INNOVACIÓN E O EMPRENDEMENTO
Información do curso
CONSULTORÍA PARA A INNOVACIÓN E O EMPRENDEMENTO
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | CV031102 | ||||
Nome | CONSULTORÍA PARA A INNOVACIÓN E O EMPRENDEMENTO |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986814086 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría de Transferencia de Coñecemento - Cátedra Bancaja Xoves Emprendedores -Área de Emprego
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 20/07/2011 00:00 - 16/09/2011 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 01/09/2011 00:00 - 16/09/2011 23:59 |
Período de docencia | 19/09/2011 - 23/09/2011 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 25 |
---|---|
Número máximo de participantes | 40 |
Créditos teóricos | 2 |
Créditos prácticos | 0.5 |
Validación de libre elección | 1 |
Destinatarios/as
Curso orientado preferentemente a estudantes en Enxeñarías, Administración e Dirección de Empresas, Económicas, Dereito (entre outros) que busquen iniciarse no ámbito da consultoría de organizacións e empresas.
Obxectivos
Coa organización e desenvolvemento deste curso ambicionamos iniciar ao alumnado da Universidade de Vigo nas técnicas, metodoloxías e capacidades necesarias para desenvolverse laboralmente no campo profesional da consultoría de empresas e organizacións. Centrámonos fundamentalmente na consultoría para a Xestión da Innovación, a Calidade e o Emprendemento.
Como obxectivos específicos pretendemos:
- Formar aos asistentes nas competencias profesionais do consultor.
- Facilitar unha perspectiva integral da organización para promover a súa evolución e cambio, indicando estratexias concretas que o faciliten.
- Coñecer e practicar as máis eficaces técnicas de consultoría que están a se empregar con éxito nos procesos de consultoría.
Condicións de acceso
1.membros da comunidade universitaria, e
2.persoas alleas á mesma que acrediten uns estudos mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.
Criterios de selección
Seleccionaranse un máximo de 40 alumnos/as.
Asignaranse as prazas dispoñibles por rigorosa orde de solicitude de inscrición na plataforma BUBELA.
Calendario
Calendario: Do 19 ao 23 de setembro de 2011
Horario:
- Días 19, 20, 22 e 23: De 9:00 a 14:00 horas
- Día 21 (sesión de outdoor training en campo de golf): De 15:00 a 20:00 horas
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
- Introdución ás técnicas de consultoría de empresas e organizacións:Unha visión global da consultoría de empresa: Conceptos, métodos e ferramentas. Rol e perfil do consultor (19/Setembro, de 9 a 14 horas)
- Relator: Gerardo Estévez Suárez (Director Xeral de DPI Consultores de Dirección)
- A consultoría institucional e en emprendedorismo (20/setembro, de 9 a 11:15)
- Relatora: Paula Tenreiro Allegue (Socia de Proxectos Consultora)
- Os centros tecnolóxicos: a prestación de servizos tecnolóxicos a empresas. Xestión de proxectos e actividades desenvolvidas no centro tecnolóxico AIMEN (20/setembro, de 11:45 a 14)
- Relator: Joaquín Vázquez Gómez (AIMEN)
- Consultoría para a xestión integrada da organización: A consultoría de xestión (22/setembro, de 9 a 11:15)
- Relator: Domingo Rey Peteiro (Director e fundador de Sinapsys)
- Consultoría para a xestión integrada da organización: A consultoría en xestión da calidade, o medioambiente e a seguridade e saúde no traballo (22/setembro, de 11:45 a 14)
- Relatora: Tania Abalde (AUREN Consultores)
- Consultoría para a xestión da innovación: A consultoría en dirección de proxectos de innovación (23/setembro, de 9 a 11:15)
- Relator: Pablo González Carrera (Director de Dhuman Consultores)
- Consultoría para a xestión da innovación: A consultoría en dirección de proxectos europeos (23/setembro, de 11:45 a 14)
- Relatora: Esther Rodríguez López (Socia fundadora de Devalar Consultora)
MÓDULOS PRÁCTICOS:
- OUTDOOR TRAINING aplicado á práctica do golf: GREEN COACH Desenvolvemento de competencias relacionadas coa mellora do rendemento persoal e o traballo en equipo mediante a práctica do golf (21/Setembro, de 15 a 20 horas)
- Responsable: Qcoach
Modo de pagamento
En calquera oficina de Novacaixagalicia, indicando o nome ou código do curso. Importe da matrícula: 8.55 €
Impartido en
- Días 19, 20, 22 e 23: Sala I Edificio Miralles. Campus de Vigo
- Día 21 (sesión de outdoor training): Campo de golf de Rois. Arredor das 14 horas, sairá un autobús desde a Universidade en dirección ao campo de golf.
Sistema de avaliación
Para a avaliación do alumnado terase en conta:
1º Asistencia presencial ás clases (ao menos ao 80% do curso)
2º Realización, coa tutela do equipo docente, dos traballos asignados que permitan a posta en práctica e verificación dos coñecementos impartidos no mesmo.