II ESPECIALISTA EN MENORES EN SITUACIÓN DE DESPROTECCIÓN E CONFLICTO SOCIAL
Información do curso
II ESPECIALISTA EN MENORES EN SITUACIÓN DE DESPROTECCIÓN E CONFLICTO SOCIAL
Tipo | Especialista | ||||
Código | EX030501 | ||||
Nome | II ESPECIALISTA EN MENORES EN SITUACIÓN DE DESPROTECCIÓN E CONFLICTO SOCIAL |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 300 | ||||
Descrición | Este curso de especialista abordará en profundidade tres grandes liñas de traballo:
- A regulación substantiva dos dereitos e deberes dos menores. - A aplicación desta pola administración e a xustiza. - O perfil psicolóxico do menor desprotexido. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812413, 986 813928 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
As necesidades de docencia e investigación específicamente dedicadas ó desenvolvemento das novas disciplinas xurídicas vinculadas á infancia, á adolescencia e á familia, púxose de manifesto nos plans de ensinanza de posgrao de diversas universidades nacionais así como nos de institucións dedicadas á formación de operadores da administración de xusticia e da administración autonómica. Neste contexto, a decisión de elaborar o programa que se acompaña é froito de anos de experiencia dos organizadores na ensinanza en títulos de posgrao e de investigación académica no campo dos Dereitos do neno, do Dereito de familia e do Dereito procesual de menores.Tendo presente o interés práctico e o enorme impacto social da materia, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo decidíu reunir os esforzos do seu persoal docente para ofrecer un coñecemento sobre disciplinas que todavía están en fase xerminal, así como para formar novas xeracións de especialistas que asuman os desafíos en materia de protección e reforma do menor cun respaldo académico sólido. A tal efecto deseñamos este primeiro curso de especialización e doutoramento apoiándonos en tres grandes liñas maestras: regulación sustantiva dos dereitos e deberes do menor, aplicación administrativa e xurisdiccional de dita regulación e problemática sicolóxica inherente á desprotección e ó conflicto social.
Para o desenvolvemento das liñas de traballo antes esbozadas (e convintemente plasmadas no programa que se adxunta) contamos cos Profesores especialistas nas distintas Áreas que se relacionan, cos Xuíces de Familia e Menores, coa Fiscalía de Menores, Avogados especializados, Directores de Centros de Menores, Letrados, Técnicos especialistas e Sicólogos, todos éstes persoal da Xunta de Galicia. A idea é ofrecer unha formación íntegra, tanto académica como práctica.
Entidades organizadoras
Dirección do curso:- Prof. Dr. D. Javier de Vicente Remesal. Catedrático de Dereito penal.
- Prof. Dra. Dª. Esther González Pillado. Profesora titular de Dereito procesual. (epillado@uvigo.es)
Coordinación:
- Prof. Dra. Dª. Inmaculada Valeije Álvarez. Profesora titular de Dereito penal.
- Prof. Dr. D. Pablo Grande Seara. Profesor de Dereito procesual. (pgrande@uvigo.es)
Secretaria:
- Dª. Paula Ramil Vázquez.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 03/09/2005 00:00 - 31/10/2005 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 19/10/2005 00:00 - 31/10/2005 23:59 |
Período de docencia | 12/11/2005 - 30/06/2006 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Créditos teóricos | 19.9 |
Créditos prácticos | 10.1 |
Destinatarios/as
A orientación formativa e interdisciplinaria do curso está especialmente dirixida a:- Licenciados/as en Dereito, Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Socioloxía, Historia, Economía e Ciencias Empresariais.
- Diplomados/as que traballan no contorno do menor e da familia.
- Profesionais que reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios e poidan acreditar unha experiencia de tres anos no ámbito obxecto do curso.
- Diplomados/as que traballan no contorno do menor e da familia.
- Profesionais que reúnan os requisitos legais para cursar estudos universitarios e poidan acreditar unha experiencia de tres anos no ámbito obxecto do curso.
Obxectivos
O obxetivo do curso é formar ós profesionais que traballan diariamente con menores en situación de desprotección e conflicto social nos aspectos, tanto xurídico-técnicos, como sicolóxicos e educativos.A realidade social sobre a que se proxecta o curso é especialmente complicada e apreciase a demanda por parte de quen traballa con dita realidade de acadar unha formación completa; isto é, acceder a aqueles aspectos ós que, pola súa formación, descoñecen. Neste sentido, trátase dun curso transversal.
Ademáis, a intensidade dos conflictos sociais que xeran os problemas de menores acentúa a importancia práctica do curso.
O curso desenvolverase en clases teóricas, se ben consideramos importante contar con prácticas de campo.
Condicións de acceso
Documentación imprescindible para todos os solicitantes:- Boletín de preinscrición
- Fotocopia do DNI ou pasaporte
- Fotocopia do expediente académico
- Currículo
A - Documentación especial para licenciados/as en Dereito, Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Socioloxía, Historia, Economía e Ciencias Empresariais:
- Certificado de admisión ou matrícula do curso de doutoramento en "Menores en situación de desprotección e conflito social", bienio 2005-2007.
- Para obter os 10 créditos non vinculados ao curso de doutoramento, este grupo de licenciados/as terá que matricularse dos seguintes módulos do curso de especialista:
- Módulo T06: 1,2 créditos curso de especialista
- Módulo P01: 1'5 créditos curso de especialista
- Módulo P02: 0,4 créditos curso de especialista
- Módulo P03: 0,2 créditos curso de especialista
- Módulo P04: 0,7 créditos curso de especialista
- Módulo P05: 6 créditos curso de especialista
Taxas de matrícula neste apartado: 700 euros (Pagamento fraccionado= 40% + 30% + 30%)
B - Documentación que teñen que presentar os diplomados/as e profesionais non titulados:
Matrícula dos 30 créditos.
Taxas de matrícula curso especialista: 2100 euros - (Pagamento fraccionado= 40% + 30% + 30%)
Criterios de selección
A selección realizarase en función dos seguintes criterios:- Expediente académico.
- Curriculum vitae.
Calendario
Inicio: 12 de novembro.Finalización: 30 de xuño.
Horario:
- Venres: 16:30 a 20:30
- Sábados: 10:00 a 14:00
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:T01. PROTECCIÓN DO MENOR. NORMATIVA INTERNACIONAL, ESTATAL E AUTONÓMICA.1.- Orixe e fundamento lexitimador dos dereitos fundamentais dos menores (0'2).T02. ASPECTOS CIVÍS DA PROTECCIÓN DO MENOR.
2.- Dereitos fundamentais do menor (0,6).
3.- Liberdade relixiosa do menor (0'4).
4.- Protección internacional de menores (0'4).
5.- Normativa autonómica sobre o menor en situación de desprotección e conflicto social (0'4).1.- Evolución da minoría de idade na lexislación española: 0'4.T03. ASPECTOS PROCESAIS CIVÍS DA PROTECCIÓN DE MENOR.
2.- Determinación da condición de "menor": 0,8.
3.- Tutela ex lege: 0,4.
4.- Garda asistencial: 0,4.
5.- Acollemento: 0,4.
6.- Adopción: 0,4.
7.- Responsabilidade civil do menor tutelado: 0,4.1.- O proceso civil: 0,2.T04. A INCAPACIDADE DO MENOR.
2.- A protección do menor na nova LAC: 0'2
3.- Procedimentos de protección do menor de xurisdicción voluntaria: 0'4.
4.- Prodecimentos contenciosos de protección de menores: 0'2.
5.- Oposición ás resolucións administrativas en materia de protección de menores: 0'2.
6.- Os procedimentos contenciosos en materia de adopción: 0'4.1.- Incapacidade e discapacidade: 0,4T05.ASPECTOS INTERNACIONAL-PRIVATISTAS DA PROTECCIÓN DO MENOR.
2.-A declaración de incapacidade do menor: 0,4.
3.- Procedementos de incapacidade: 0,4.1.- Tutela e outras medidas de protección: 0,4.T06. A ASISTENCIA DA ADMINISTRACIÓN.
2.- Sustracción internacional de menores: 0,4.
3.- A protección do menor na adopción internacional: 0,4.
4.- Nacionalidade e estranxería do menor: 0,8.1.- Réxime xurídico dos centros a cargo da Administración: 0,4.T07. PERFIL DO MENOR EN SITUACIÓN DE RISCO.
2.- Inserción laboral do menor: 0,4.
3.- A acción protectora da Seguridade Social: 0'4.1.- Características sicolóxicas do menor en risco.T08. DEREITO PENAL DO MENOR.
2.- Familia en situación de risco.
3.- A familia: conductas desadaptadas.
4.- O menor en desamparo, maltrato e violencia dentro e fora da escola.
5.- O papel da escola e os medios de comunicación na socialización do menor.
6.- Minorías étnicas e marxinalidade do menor.1.- Dereito penal de menores con anterioridade á vixente lei 5/2000.T09. PROCESO PENAL DO MENOR.
2.- Principios informadores e presupostos básicos de aplicación da LPM.
3.- As medidas e a súa execución na LPM.
4.- A responsabilidade civil e as súas normas de procedimento na LPM.
5.- Delitos contra os dereitos e os deberes familiares: abandono de familia, menores e incapaces.1.- Principios informadores do proceso penal de menores: 0'4
2.- Xulgados de menores: 0'4
3.- Fase de instrucción: 0'6
4.- Fase de audiencia: 0'4
5.- Sentencia e réxime de recursos: 0'4
6.- Visión práctica dos axentes xurídicos (Técnicos da Administración Autonómica, Letrados, Fiscales e Xuíces): 0'8.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
MÓDULO PRÁCTICO: P01
MÓDULO PRÁCTICO: P02
- Xestión de centros.
- Programas de menores da Xunta de Galicia.
- Programas para menores incapacitados.
MÓDULO PRÁCTICO: P03
- Visión práctica dos axentes xurídicos (Técnicos da Administración Autonómica, Letrados, Fiscais e Xuíces) no proceso civil.
- Estudio xurisprudencial dos problemas do proceso civil do menor desde a incoación do procedemento ata a súa finalización.
MÓDULO PRÁCTICO: P04
- Análise conxunto do dereito penal do menor a través da súa aplicación práctica ó caso real dende a xurisprudencia interna.
MÓDULO PRÁCTICO: P05
- Visión práctica dos axentes xurídicos (Técnicos da Administración Autonómica, Letrados, Fiscais e Xuíces): no proceso penal.
- Proxecto práctico e seminarios en dereito penal e procesual.
Modo de pagamento
- PREZO POR CURSO COMPLETO: 2100 €
- PREZO POR ESPECIALIDADE: 700 €
Ademais conderanse 5 bolsas de 115 euros a licenciados non profesionais, en función do expediente académico.
Impartido en
FACULTADE DE CIENCIAS XURÍDICAS E DO TRABALLOTitulación
Para obter o título será necesario asistir ó 85 por cento das horas lectivas, así como superar o examen final con "apto" o un traballo de investigación sobre algún dos contido do programa que será valorado por un tribunal nombrado al efecto..Unha vez considerado apto, seralle expedido o título de Especialista en menores en situación de desprotección e conflicto social".
Profesorado
Un amplo equipo integrado por xuíces e avogados especializados, técnicos e psicólogos da Xunta de Galicia e profesorado de universidade.Sistema de avaliación
- Evaluación continua e terase en conta a participación na clase.
- Proxecto final.