Xestión e uso da comunicación corporativa. Comunicación e protocolo
Información do curso
Xestión e uso da comunicación corporativa. Comunicación e protocolo
Tipo | Curso Complementario | ||||
Código | C2040402 | ||||
Nome | Xestión e uso da comunicación corporativa. Comunicación e protocolo |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Descrición | O presente curso de "Xestión e uso da comunicación corporativa e o protocolo" ofrece á comunidade universitaria a oportunidade de coñecer o actual grao de desenvolvemento desta esencial ferramenta da empresa e as institucións modernas da man de reputados especialistas e investigadores na materia xunto con representantes de empresas e institucións coma o Grupo PSA Peugeot-Citroën, o Eixo Atlántico, o Consello da Cultura Galega ou o Consello Xeral da Advogacía ou os Premios Príncipe de Asturias. | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | |||||
· Fax | |||||
Compartir: |
Descrición
A expresión Reputación Corporativa se asocia co de prestixio, recoñecemento ou aval e posicionamento da empresa ou da institución nos espacios onde se desenvolve a súa actividade. Algunhas grandes empresas deseñan a súa reputación afastada da dos propios productos que producen. Deste xeito, o prestixio da empresa é un valor en si mesmo. O prestixio mira cara ós mercados financieiros, mentres a imaxe de marca mira cara ós consumidores.O presente curso de Xestión e uso da comunicación corporativa e o protocolo ofrece á comunidade universitaria a oportunidade de coñecer o actual grao de desenvolvemento desta esencial ferramenta da empresa e as institucións modernas da man de reputados especialistas e investigadores na materia xunto con representantes de empresas e institucións coma o Grupo PSA Peugeot-Citroën, o Eixo Atlántico, o Consello da Cultura Galega ou o Consello Xeral da Advogacía ou os Premios Príncipe de Asturias.
O propio Estado se ten dotado dunha cultura corporativa, fixando de maneira uniforme os símbolos que o identifican. As instituciòns tratan de ofrecer unha imaxe que responda ós seus propios valores culturais e percuran a eficacia das súas manifestaciòns externas. E neste eido onde xoga papel esencial o Protocolo entendido como a arte de levar a cabo as súas accións de xeito eficaz e conforme ós obxectivos previamente establecidos. As máis importantes empresas e corporacións adican moita importancia a estos aspectos, e dispoñen de plantexamentos estratégicos e loxísticos para levar a cabo os seus principais eventos con trascedencia pública.
O curso, cunha duración equivalente a dous créditos lectivos e avaliado cun crédito de libre configuración, se desenvolverá na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación no Campus da Xunqueira, en Pontevedra os días 12 e 13 de maio de 2004. Inicialmente se dispón de 60 plazas e a matrícula é gratuita por orde de rigorosa inscrición. Para ter dereito ó diploma de asistencia e mailo crédito será necesario ter asistido, alomenos, ó ointa por cento das clases, comprobado mediante signatura persoal.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 03/05/2004 00:01 - 11/05/2004 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 12/05/2004 - 13/05/2004 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 60 |
Créditos teóricos | 2 |
Validación de libre elección | 1 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria.Especialistas e profesionais da materia.
Interesados en xeral.
Condicións de acceso
Matrícula gratuíta, por rigoroso orde de inscrición.Criterios de selección
Preferentemente a comunidade universitariaCalendario
12-13 de maio de 2004Programa
09.00. Conferencia inaugural. A reputación corporativa e a opinión
pública. D. Manuel Martín Algarra. Doutor en Ciencias
da Información. Catedrático de Periodismo. Universidade de Vigo.
10.00. A estratexia da comunicación en situacións de conflicto.
D. Alejo Arnáiz, teniente coronel de Artillería. Experto en Protocolo
e Comunicación. Ex xefe de Protocolo do Ministerio de Defensa.
11.00. Descanso
11.10. O Protocolo institucional. Os Premios Príncipe de Asturias. Carlos Fuente. Presidente da Escola Internacional de Protocolo. Xefe de Protocolo e organizador dos Premios Príncipe de Asturias
12.10. A función do Protocolo na política de imaxe corporativa da empresa. O profisional do Protocolo. Dª. María Carretero Alonso, presidenta da Asociación Española de Protocolo. Asesora de Comunicación e Protocolo
13.10. Descanso.
13.20. Táboa redonde. Interveñen os poñentes anteditos. Modera Dª Susana Domínguez, doutora en Ciencias da Información, profesora de periodismo. Universidade de Vigo
14.30 Fin da xornada de mañá.
16.30. Imaxe versus reputación corporativa. D. Paul Capriotti, Doutor en Publicidade e Relacións Públicas, profesor de Relacións Públicas. Universidade de Vic.
17.30. O “Lobbying” como fenómeno de comunicación e ferramenta empresarial.. D. George Hall. Consultor International Manager. M.A. Oxford University.
18.30. Descanso.
18.45. A estratexia da comunicación corporativa na empresa e nas institucións. D. Rafael Alberto Pérez, doutor en Ciencias da Información, profesor de Publicidade e Relacións Públicas da Universidade Complutense de Madrid. Experto en Estratexia. Socio consultor da empresa Quantumleap. Comunicación e Imagen.
19.45. Táboa redonda. Interveñen poñentes anteriores. Modera D. Xoán Corbacho, licenciado en Publicidade e Relacións Públicas, profesor de RR.PP. Universidade de Vigo
20.45. Remate da xornada.
Día 13
09.30 A política de comunicación de empresa no Grupo PSA. D. Pedro Hortas, periodista, director de Comunicación do Grupo PSA Peugeot Citroën.
10.30 A comunicación económica e a comunicación empresarial. Perspectiva desde o periodismo especializado. Fernando Ramos. Doutor en Ciencias da Información. Profesor titular de Dereito da Información. Universidade de Vigo. Presidente da Asociación da Prensa de Vigo.
11.30. Descanso.
11.40. A comunicación institucional desde os organismos públicos. O Eixo Atlántico. D. Manuel Pinto Teixeira. Periodista. Director rexional do Grupo Luso-Mundo, asesor e xefe do gabinete técnico do presidente da Cámara Municipal de Oporto, presidente do Eixo Atlántico.
12.40. Táboa Redonda. Interveñen os poñentes anteriores. Modera Dª Beatriz Senra, Licenciada en Económicas. Master en Dirección de Comunicación e Protocolo pola Universidade de Vigo.
13.40. Descanso
16.30. A comunicación institucional. O exemplo do Consello da Cultura Galega. D. Antonio Montero, xerente do Consello da Cultura Galega.
17.30. Comunicación e imaxe nas corporacións profisionais. O Consell Xeral da Advogacía. D. Modesto Barcia Lago, advogado, vocal do Consello Xeral da Advogacía
18.30. Descanso.
18.40. Os servicios de consultoría externa. Gabinetes de Relacións Públicas, comunicación e Protocolo ó servicio da empresa. D. María Teresa Otero Alvarado, doutora en Ciencias da Comunicación. Profesora de RR.PP. da Universidade de Sevilla. Consultora de Comunicación.
19.40. Táboa Redonda. Interveñen os poñentes anteriores. Modera Dª Beatriz Senra, Licenciada en Económicas. Master en Dirección de Comunicación e Protocolo pola Universidade de Vigo.
20.15. Conferencia de clausura. A comunicación institucional
na Universidade. Protocolo e imaxe. D. Francisco Galino Nieto, ex oficial
mayor da Universidade Complutense de Madrid. Historiador do Protocolo Universitario.
21.00. Remate e entrega de DIPLOMAS.