Curso de Xeración e Posta en Valor de Ideas Emprendedoras

Información do curso

Curso de Xeración e Posta en Valor de Ideas Emprendedoras


Tipo Curso Complementario
Código CV031101
Nome Curso de Xeración e Posta en Valor de Ideas Emprendedoras
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Información de contacto:  
 · Teléfono 986-814086
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría de Transferencia de Coñecemento - Cátedra Bancaja Xoves Emprendedores -Área de Emprego

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 01/04/2011 00:00 - 20/04/2011 00:00
Período de matrícula 04/04/2011 00:00 - 20/04/2011 00:00
Período de docencia 25/04/2011 - 20/07/2011

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 45
Número máximo de participantes 75
Créditos teóricos 2.1
Créditos prácticos 0
Validación de libre elección 1

Destinatarios/as

1.- Estudantes, investigadores e recén titulados da Universidade de Vigo.
2.- Dos tres campus da Universidade de Vigo (realizarase unha edición do curso en cada campus).
3.- Con ganas e ilusión por dispor dalgunha metodoloxía, ferramentas e valores para a procura de ideas innovadoras e empresariables; que as queiran pór en valor e que lle queiran dar una comunicación efectiva de cara a un posible recoñecemento no premio asociado ao Programa de Ideas Emprendedoras con Valor.
4.- Dispostos a participar nun Obradoiro para grupos de entre 15 e 25 persoas, en tres sesións de 7 horas cada unha (total 21 horas) e traballar 5 documentos/contidos asociados, co apoio e orientación do equipo docente facilitador.

Condicións de acceso

1.-Membros da comunidade universitaria, e
2.-Persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato.

Criterios de selección

Seleccionaranse un máximo de 25 alumnos/as por Campus (Vigo, Ourense e Pontevedra) até completar o total máximo de 75 prazas.

Asignaranse as prazas dispoñibles por rigorosa orde de solicitude de inscrición na plataforma BUBELA.

Calendario

1ª Fase
Formación e apoio á procura de ideas con valor e a súa comunicación:
OBRADOIRO PARA A PROCURA, POSTA EN VALOR E COMUNICACIÓN DE IDEAS INNOVADORAS E EMPRESARIABLES


Realizaranse 3 edicións do curso, unha en cada Campus da Universidade de Vigo.
Campus de Vigo
Sesión1 25/04/2011 (Sala 4, Edificio Miralles)
Sesión2 06/06/2011 (Sala 4, Edificio Miralles)
Sesión3 18/07/2011 (Sala 4, Edificio Miralles)
Campus de Ourense
Sesión1 26/04/2011 (Seminario 0.1, Edificio Xurídico-Empresarial)
Sesión2 07/06/2011 (Seminario 0.1, Edificio Xurídico-Empresarial)
Sesión3 19/07/2011 (Seminario 0.1, Edificio Xurídico-Empresarial)
Campus de Vigo
Sesión1 28/04/2011 (Sala 4, Edificio Miralles)
Sesión2 08/06/2011 (Sala 4, Edificio Miralles)
Sesión3 20/07/2011 (Sala 4, Edificio Miralles)

Horario de todas as sesións: 10 a 14 horas e 15 a 18 horas (7 horas diarias)

Denominación das sesións:
- Sesión1: Procurando ideas.
- Sesión2: Aportando valor e avaliando o potencial das ideas.
- Sesión3: Comunicando, vendendo as ideas.

Temporalización dos fitos (ao longo do curso e froito do traballo dos grupos, iranse elaborando e obtendo un conxunto de documentos):
Fito Datas
I1 Documento: Entrega ao alumnado do Protocolo da procura de ideas < 25/04/2011
I2 Documento: Banco de ideas persoal < 23/05/2011
I3 Documento: Valoración da idea < 06/06/2011
I4 Presentación: ppt < 18/07/2011
I5 Vídeo: Elevator-Idea pitch < 22/07/2011

2º Fase:
Recoñecemento a/as mellor/es presentacións de idea/s con valor coa concesión do I PREMIO “IDEAS CON VALOR”.

o Admitiranse propostas presentadas tanto individualmente como en grupo.
o Admitiranse propostas procedentes do alumnado asistente á “Fase de formación e apoio á procura de ideas con valor e a súa comunicación”, así como tamén, propostas presentadas por membros da Universidade de Vigo que non teñan participado no obradoiro.
o As candidaturas presentaranse a través dun documento de power point e un vídeo de menos de 120” de duración. Para a realización do vídeo contarase co apoio da UVigoTV, que realizará as gravacións nos seguintes días e horarios:
 18/7/2011, a partir das 18 horas, no campus de Vigo
 19/7/2011, a partir das 18 horas, no campus de Ourense
 20/7/2011, a partir das 18 horas, no campus de Pontevedra
o Os criterios fundamentais para a valoración das ideas presentadas a concurso serán:
 Grao de innovación
 Viabilidade técnica
 Viabilidade comercial
 Calidade da presentación do power point e vídeo
 Ter participado na 1ª fase de formación deste programa
o Outorgarase como premio 1 IPad
o Admisión de solicitudes, até o 22/07/2011.
o Entrega pública do premio o 29/07/2011.
o Aqueles vídeos, para os cales exista autorización expresa, por escrito, dos autores para a súa difusión, recolleranse na “videoteca do emprendedorismo da UVigoTV”.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Fase de formación e apoio á procura de ideas con valor e a súa comunicación: OBRADOIRO PARA A PROCURA, POSTA EN VALOR E COMUNICACIÓN DE IDEAS INNOVADORAS E EMPRESARIABLES
Fase de recoñecemento a/as mellor/es presentación de idea/s con valor coa concesión do I PREMIO “IDEAS CON VALOR”

Modo de pagamento

Importe da matrícula: 0,00€

Sistema de avaliación

Para a avaliación do alumnado terase en conta:

1º Asistencia presencial ás clases en, ao menos, o 80% das horas
2º Realización, coa tutela do equipo docente, dos traballos asignados que permitan a posta en práctica e verificación dos coñecementos impartidos no mesmo.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos