CURSO DE FORMACIÓN NO IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL
Información do curso
CURSO DE FORMACIÓN NO IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | FX061101 | ||||
Nome | CURSO DE FORMACIÓN NO IVE NA FISCALIDADE EMPRESARIAL |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 30 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812517 ou 986 812490 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
DEPARTAMENTO ECONOMIA APLICADA
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 04/04/2011 00:00 - 06/06/2011 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 04/04/2011 00:00 - 06/06/2011 23:59 |
Período de docencia | 07/06/2011 - 16/06/2011 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 30 |
---|---|
Número máximo de participantes | 90 |
Créditos teóricos | 1.6 |
Créditos prácticos | 1.4 |
Validación de libre elección | 2 |
Destinatarios/as
- Alumnos/as da Universidade de Vigo
- Titulados universitarios de 1º e 2º ciclo
- Profesionais relacionados coa fiscalidade sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.
Condicións de acceso
1. Titulados/as universitarios de primeiro e segundo ciclo.
2. Alumnos/as da Universidade.
3. Profesionais directamente relacionados coa especialidade, sempre e cando reúnan os requisitos legais para cursar estudios universitarios.
4. De xeito excepcional e sempre que non superen o 50% do total dos alumnos do curso, poderán ser admitidos ós mesmos profesionais relacionados coa especialidade que non reúnan os requisitos legais de acceso á universidade.
Criterios de selección
Priorizada en base aos dous seguintes criterios :
1º. Alumnos/as de titulacións de Economía e Empresa da Universidade de Vigo. Na orde de preferencia teranse en conta aqueles alumnos con coñecementos previos de fiscalidade, escomenzando por aqueles matriculados nos últimos cursos.
2º. Orde de preinscrición.
Calendario
- Martes 7 de xuño de 16h a 21h
- Mércores 8 de xuño de 16h a 21h
- Xoves 9 de xuño de 16h a 21h
- Martes 14 de xuño de 16h a 21h
- Mércores 15 de xuño de 16h a 21h
- Xoves 16 de xuño de 16h a 21h
Programa
MÓDULOS TEÓRICOS:
Introducción ó imposto sobre o valor engadido: Natureza e ámbito de aplicación
Introducción ás características básicas e consideracións xerais do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). Armonización fiscal na Unión Europea.
Operacións Interiores (II). Feito Impoñible, Exencións, Lugar de Realización, Suxeito Pasivo, Devengo
Desenrolo adicional de operacións sometidas referidas a entregas de bens ou a prestación de servicios por empresarios ou profesionais. Análise en cada caso do feito impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Operacións Interiores (I). Feito Impoñible, Exencións, Lugar de Realización, Suxeito Pasivo, Devengo
Análise dos elementos sustantivos relativos á suxeción ó imposto. Desenrolo dunha das principais parcelas das operacións sometidas: as entregas de bens ou a prestación de servicios por empresarios ou profesionais. Análise en cada caso do feito impoñible, posibles operacións non suxeitas e lugar onde se entenden realizadas.
Tráfico Internacional (I). Operacións Intracomunitarias. Importacións. Exportacións
Desenrolo doutra das principais parcelas de operacións sometidas: as adquisicións intracomunitarias e as importacións e exportacións. Análise en cada caso do feito impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Tráfico Internacional (II). Operacións Intracomunitarias. Importacións. Exportacións
Desenrolo adicional do tratamento fiscal das adquisicións intracomunitarias, importacións e exportacións. Análise en cada caso do feito impoñible, as posibles operacións non suxeitas e o lugar onde se entenden realizadas.
Base Impoñible e Tipos Impositivos
Cuantificación do feito impoñible. Aclaracións sobre compoñentes a incluir. Regras especiais para valoración de determinados bens e servicios (contraprestación en especie, autoconsumo, etc.). Análise dos Tipos Impositivos segundo operacións.
Deduccións e Devolucións
Análise da neutralidade na aplicación do IVE. Dterminación da Prorrata e as suas modalidades. Requisitos e prazos para as Declaracións-Liquidacións. Condicións para a Devolución do IVE.
Rexímenes Especiais, Simplificado e Recargo de Equivalencia
Descripción dos Rexímenes Especiais do IVE. Sectores acollidos a cada réxime. Simplificación na xestión do IVE.
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Operacións Interiores. Estudio de casos
Aplicación do proceso Liquidatorio do imposto nas Operacións Interiores mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Tráfico Internacional. Estudio de casos
Aplicación do proceso Liquidatorio do imposto nas Operacións Internacionais mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Base Impoñible e Tipos Impositivos. Estudio de casos
Aplicación do proceso Liquidatorio global e obtención de cuotas mediante a discusión e resolución de casos prácticos.
Rexímenes Especiais, Simplificado e Recargo de Equivalencia. Estudio de casos
Discusión e resolución de casos prácticos aplicados a actividades acollidas ós Réximenes Especiais, así como a simplificación na xestión do IVE.
Modo de pagamento
- En calquera oficina de Novacaixagalicia, indicando o nome ou código do curso.
-
Importe da matrícula ordinaria: 80,00€,
- Importe matrícula reducida: 60 €. Terán dereito a este importe os alumnos que acrediten ser becarios do MEC ou da Xunta de Galicia para cursar estudos universitarios (a acreditación deberá aportarse documentalmente a calqueira dos directores do curso)
Sistema de avaliación
Asistencia e avaliación continua dos coñecementos adquiridos.