DESEÑO EDITORIAL: INTRODUCIÓN AO PROCESO DE MAQUETACIÓN DE PUBLICACIÓNS

Información do curso

DESEÑO EDITORIAL: INTRODUCIÓN AO PROCESO DE MAQUETACIÓN DE PUBLICACIÓNS


Tipo Curso de Formación
Código CFP0027
Nome DESEÑO EDITORIAL: INTRODUCIÓN AO PROCESO DE MAQUETACIÓN DE PUBLICACIÓNS
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 12
Descrición

Este curso céntrase en establecer unha visión ampla do proceso de elaboración dun proxecto de deseño editorial, atendendo tantos aos aspectos puramente formais como aqueles de carácter máis técnico. Dende a análise das partes que compoñen unha publicación ata a creación dunha retícula base, páxinas mestras, estilos de composición e o correcto uso da tipografía, procederase á súa aplicación práctica mediante o programa de maquetación Adobe INDesign. O obxectivo final pasa por dotar os estudantes de todos os coñecementos necesarios para definir un proxecto de deseño editorial coherente, estéticamente correcto e aplicable a diferentes tipos de publicacións tales como libros, periódicos, revistas, etc.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 80 20 80
 · Fax 986 80 20 82
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Vicerreitoría do Campus de Pontevedra

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 28/03/2011 09:01 - 01/04/2011 15:01

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 0

Destinatarios/as

Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.

Obxectivos

Dotar o estudante dos coñecementos teóricos básicos sobre o deseño editorial tradicional e contemporáneo. Aplicar os coñecementos teóricos, estilísticos e técnicos para a correcta maquetación dun proxecto editorial.

Condicións de acceso

Preinscrición na plataforma Bubela nos plazos indicados.

Criterios de selección

Rigorosa orde de prelación.

Calendario

Días 4,6,8,11,13,15 de abril, luns, mércores e venres en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Programa

Introdución á historia do deseño editorial. Partes básicas dunha publicación. Estudio de casos. Elementos propios do deseño nun proxecto editorial. Creación de retículas e páxinas mestras. Disposición tipográfica. Estética tipográfica. Introdución a Adobe InDesign.

Modo de pagamento

Matrícula gratuíta.

Impartido en

Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra. Rúa D. Filiberto, 9-11 36002 Pontevedra

Profesorado

Diego Fernández Pérez.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos