XEOMETRÍA DINÁMICA
Información do curso
XEOMETRÍA DINÁMICA
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0026 | ||||
Nome | XEOMETRÍA DINÁMICA |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 13 | ||||
Descrición | Os diferentes programas de xeometría dinámica (Cabri Geometre, CaRMetal, GeoGebra...) son unha potente ferramenta para o ensino da xeometría, nas diferentes etapas do sistema educativo. O alumnado pode utilizalos para resolver problemas, construir figuras, etc. O profesorado pode utilizalos na aula para explicar, se dispón dun proxector ou dunha pizarra dixital, e mesmo utilizalos para deseñar recursos e subilos á rede. A xeometría dinámica permite que o alumnado comprenda en profundidade as relacións xeométricas, permite explorar problemas e construcións máis alá dunha certa disposición dos elementos. Os debuxos realizados con xeometría dinámica pódense animar, o que permite construir mecanismos simulados. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 25/04/2011 12:12 - 04/05/2011 12:13 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
Coñecer e manexar as posibilidades deste software para a realización de construcións de xeometría plana e descritiva. Coñecer e manexar a posibilidade de implementar as prestacións de base deste software a través do desenvolvemento e aplicación de macroconstrucións. Coñcer e manexar os sistemas para imprimir, exportar e publicar construcións realizadas con este software. Coñecer, compartir e discutir as aplicacións didácticas da xeometría dinámica.
Condicións de acceso
Preinscrición na plataforma Bubela.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación.
Calendario
5,7,12,14 e 21 de maio de 2011. Xoves e sábados, os xoves de 19.00 a 21.00 horas, e os sábados de 10.00 a 13.00 horas.
Programa
Introdución á xeometría dinámica.
Introdución a Cabri. (Entorno gráfico. Menús. Área de traballo. Ferramentas).
Introdución a CaRMetal (Entorno gráfico. Menús. Área de traballo. Ferramentas).
Introdución a GeoGebra. (Entorno gráfico. Menús. Área de traballo. Ferramentas).
Trazados básicos. Xeometría plana. Xeometría descritiva. Lugares xeométricos. Construción e uso de macros. Macros lóxicas. Aplicación de marcos á xeometría descritiva. Imprimir e exportar arquivos. Publicación web. Animacións. Xeometría dinámica como recurso didáctico. Xeometría dinámica e a exploración de problemas. Xeometría dinámica e aulas virtuais.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Rúa D. Filiberto, 9-11
36002 Pontevedra
Profesorado
Xabier Lorenzo Abalde.