COLOREADO DIXITAL DA ILUSTRACIÓN
Información do curso
COLOREADO DIXITAL DA ILUSTRACIÓN
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0024 | ||||
Nome | COLOREADO DIXITAL DA ILUSTRACIÓN |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | Partindo dun coñecemento básico de teoría da cor e manexo de Photoshop, o obxectivo do curso é mostrar ao estudante diversas opcións de coloreado dixital utilizando Photoshop, partindo de exemplos de coloreado de cómic e lustración. Tamén se darán durante o curso nocións para o uso do Photoshop con outros programas, ou técnicas de coloreado mixtas, que inclúan o uso de técnicas tradicionais en combinación co Photoshop. O software Photoshop non só é o estándar en retoque fotográfico, senón unha ferramenta cada vez máis usada por ilustradores, tanto para retocar ilustracións con técnicas tradicionais como para crear imaxes directamente. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 14/02/2011 08:01 - 16/02/2011 21:00 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
Dotar ao estudante de opcións básicas para o uso de Photoshop no coloreado dixital. Informar ao alumno acerca de alternativas ao Photoshop para o coloreado dixital e ferramentas complementarias. Capacitar ao alumno para que coas devanditas nocións básicas poida profundar na investigación e o desenvolvemento das súas capacidades.
Condicións de acceso
Preinscrición en Bubela do 14 ao 16 de febreiro.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación.
Calendario
22 e 24 de febreiro; 1 e 3 de marzo de 2011. Martes e xoves de 16.00 a 19.00 horas.
Programa
Axustes en Photoshop para o coloreado dixital.
Información sobre hardware adicional ao equipo. As tabletas gráficas.
Tipos de coloreado só con Photoshop.
Uso de técnicas tradicionais en combinación con Photoshop.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Rúa D. Filiberto, 9-11
36002 Pontevedra
Profesorado
Patricia Castelao.
Sistema de avaliación
Exposición de contidos teóricos apoiados con exercicios que o estudante realizará na aula.