HOT POTATOES E OUTRAS APLICACIÓNS EDUCATIVAS
Información do curso
HOT POTATOES E OUTRAS APLICACIÓNS EDUCATIVAS
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0023 | ||||
Nome | HOT POTATOES E OUTRAS APLICACIÓNS EDUCATIVAS |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | O sistema educativo actual require de novos enfoques formativos baseados na inclusión das novas tecnoloxías nas aulas, polo que os docentes deberán saber crear diferentes contidos fácilmente actualizables, máis dinámicos e interactivos. Dado que as TIC favorecen a formación continua, ofrecendo ferramentas que permiten a creación de contornos virtuais de aprendizaxe, faise necesario familiarizarse coas distintas aplicació´ns que temos á nosa disposición na rede. Por este motivo, durante este curso empregaremos diferentes tipos de exercicios educativos dende o programa Hot Potatoes, crearemos un contorno multimedia para a creación, así como a confección de presentacións gráficas de conceptos teóricos coa axuda do Cmap Tools, etc. Con todas estas aplicacións os profesionais da educación poderán crear aplicacións didácticas e interactivas para traballar aspectos procedimentais de prácticamente tódalas áreas do currículum.
|
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerrreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 24/01/2011 09:03 - 28/01/2011 14:04 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
Rasgos básicos pra comezar a utilizar programas de software libre orientados á docencia.
Deseñar diferentes tipos de exercicios en soporte electrónico, integrar recursos multimedia e coñecer o proceso para a xeración de actividades que a cotío empréganse na aula.
Familiarización coas diferentes ferramentas e cadansúas posibilidades.
Construción de estruturas de coñecemento.
Condicións de acceso
Preinscrición na platafoma Bubela.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación. O periodo de preinscrición comprenderá dende o 24 ao 28 de xaneiro de 2011.
Calendario
1, 3, 8, 10, 15, 17 de febreiro de 2011 en horario de 19.00 a 21.00 horas.
Programa
1.-Hot potatoes: Jcloze, Jquiz, Jmatch, Jcross, Jmix, The Masher.
2.-Toma de contacto co contorno Cmap Tools.
3.-Breve introdución a outras ferramentas para a creación de actividades de interese educacional.
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Rúa D. Filiberto, 9-11 36002 Pontevedra
Observacións
Metodoloxía:
Contidos teóricos. Exposición de contidos teóricos e formulación de preguntas.
Contidos prácticos. Presentación e resolución de supostos prácticos.
Profesorado
Almudena Aparicio Andión.