WEB 2.0 PARA NON TECNÓLOGOS
Información do curso
WEB 2.0 PARA NON TECNÓLOGOS
Tipo | Curso de Formación | ||||
Código | CFP0021 | ||||
Nome | WEB 2.0 PARA NON TECNÓLOGOS |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | Internet cambiou radicalmente nos últimos tres anos. Produciuse unha envorcadura total nos papeis de produción de contido e conectividade dos seus usuarios. Coa aparición dos blogs, podcasts, videoblogs, redes sociais e novos servizos 2.0 produciuse finalmente a tan esperada democratización dos medios, e calquera pode ser produtor de contidos, sen necesidade de coñecementos de programación nin de tecnoloxía. O obxectivo deste curso é achegar aos usuarios non especialistas en Internet todas estas novas posibilidades que nos ofrece a rede. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 80 20 80 | ||||
· Fax | 986 80 20 82 | ||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 29/11/2010 08:00 - 09/12/2010 15:00 |
---|
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 0 |
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
1.-Achegar á sociedade as novas posibilidades da web. 2.-Que o estudante descubra e experimente na Rede cos servizos que van máis alá dunha simple navegación. 3.-Que o estudante vexa a Rede como unha ferramenta de traballo. 4.-Que o estudante adquira coñecementos técnicos para se converter nun produtor de contido en Internet. 5.-Achegar ao alumno certas nocións de seguridade e responsabilidade no uso de Internet.
Condicións de acceso
Preinscrición a través da plataforma Bubela.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación.
Calendario
10,13,15,17,20 e 22 de decembro de 2010, en horario de 19.00 a 21.00 horas.
Programa
Os contidos xerais que se impartirán son os seguintes: 1.-Historia e funcionamento da Rede. 2.-Correo electrónico e redes sociais (facebook). 3.-Servizos e ferramentas 2.0: unha web social e colaborativa. 4.-Estrutura e características dos blogs. Introdución aos CMS (xestores de contido). 5.-Montaxe e configuración dun blog persoal usando a plataforma Wordpress.
Modo de pagamento
Inscrición gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Profesorado
Diego Fernández Pérez, licenciado en Belas Artes. Deseñador e profesor de Proxectos de Gráfica Publicitaria e Tipografía na Aula D (Vigo).