A creación de contidos didácticos para a docencia online (Campus de Vigo)
Información do curso
A creación de contidos didácticos para a docencia online (Campus de Vigo)
| Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
| Código | PFPP0909 | ||||
| Nome | A creación de contidos didácticos para a docencia online (Campus de Vigo) |
|
|||
| Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
| Horas | 22 | ||||
| Descrición | O curso está destinado a dar a formación ao profesorado da Universidade de Vigo para que adquiran coñecementos na elaboración e adaptación de contidos para a docencia virtual, tanto exclusivamente virtual, semipresencial ou como complemento a súa docencia presencial. |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986813596 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Descrición
O curso “A creación de contidos didácticos para a docencia online” insírese dentro das accións formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2010. As devanditas accións formativas están organizadas pola Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade.
Información sobre o calendario (datas)
| Período de matrícula | 14/07/2010 12:00 - 12/10/2010 23:59 |
|---|---|
| Período de docencia | 14/10/2010 - 12/11/2010 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 0 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
O curso está destinado a todo o profesorado da Universidade de Vigo con coñecementos elementais de informática.
Criterios de selección
Ofértanse 20 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de preinscrición.
Obxectivos
A finalidade do curso é proporcionar ao profesorado un método sistemático na elaboración e adaptación de contidos para a docencia online.
- Coñecer as características e posibilidades do ensino virtual.
- Adquirir os coñecementos necesarios para deseñar e estruturar os contidos dunha materia virtual.
- Coñecer as características máis relevantes para un bo material escrito para a docencia virtual.
- Achegar ideas e solucións para activar a implicación do alumnado no curso.
- Definir os novos roles e funcións docentes que debe exercer o profesorado nos contornos virtuais de aprendizaxe.
- Adquirir os coñecementos necesarios para deseñar e estruturar os contidos dunha materia virtual.
Profesorado
SONIA ÁLVAREZ LÓPEZPrograma
Bloque 1: Taller presencial
“Presentación do grupo e do contorno virtual de aprendizaxe” (2 horas)
A sesión será fundamentalmente práctica, a partir da presentación, de xeito sintético, dos principios teóricos do tema formularanse unha serie de actividades (individuais e en grupo) que se compartirán ao longo da sesión de traballo.
Obxectivos:
- Dar a coñecer os obxectivos, contidos e actividades do curso.
- Coñecer os participantes do curso.
- Coñecer o funcionamento da plataforma virtual.
Bloque 2: Taller virtual
“Introdución á creación de materiais e recursos didácticos para a docencia online” (16 horas)
Terá unha duración de 16 horas e desenvolverase na plataforma Moodle (FaiTIC) da
Universidade de Vigo, por medios asíncronos. Disporase dun material de lectura e consulta
e estableceranse unha serie de actividades para realizar neste período de tempo.
Obxectivos:
- Coñecer as características e posibilidades do ensino virtual.
- Adquirir os coñecementos necesarios para deseñar e estruturar os contidos dunha materia virtual.
- Coñecer as características máis relevantes para un bo material escrito para a docencia virtual.
- Achegar ideas e solucións para activar a implicación do alumnado no curso.
- Coñecer cales son as funcións e os cambios do rol docente na virtualidade.
Contidos:
- A teleformación. Características, vantaxes, inconvenientes, modelo educativo.
- Como elaborar un modelo de curso. A interactividade. A estrutura do curso. A estrutura das unidades de aprendizaxe. Proposta dun modelo de unidade de aprendizaxe. Aplicación práctica
- Pautas para o deseño de contidos en contornos virtuais. Extensión dos contidos. Escribir para a web. Requisitos mínimos de redacción. Como mellorar a comprensión. Características tipográficas do texto. Formato dos contidos. Normas para as referencias bibliográficas. Consellos para facer o curso máis atractivo e fácil de usar
- Cómo facer traballar ao alumnado: actividades e avaliación.
- Novos roles e funcións docentes nos contornos virtuais de aprendizaxe.
Bloque 3: Taller presencial
“Compartindo a experiencia nos entornos virtuais” (2 horas)
Compartimento de experiencias, coñecementos e propostas en ambientes virtuais e reflexión sobre elas.
Obxectivos:
- Promover o intercambio de información entre o profesorado, compartindo a experiencia e o coñecemento.
Bloque 4: Taller presencial
“Peche do curso” (2 horas)
A última sesión presencial destinarase a efectuar un resumo do curso, así como a aclarar calquera dúbida sobre os contidos do mesmo.
Obxectivos:
- Aclarar dúbidas, debatir propostas e elaborar conclusións.
Calendario
Trátase dun curso semipresencial, cunha duración aproximada de dezaseis horas para a parte virtual e tres sesións presenciais de dúas horas cada unha.
Bloque 1. Taller presencial:
Impartirase o día 14 de outubro de 17:00-19:00 horas.
Bloque 2. Taller virtual:
Do 15 de outubro ó 10 de novembro a través da plataforma Moodle.
Bloque 3. Taller presencial:
Impartirase os días 11 e 12 de novembro de 17:00-19:00 horas.
Impartido en
14 de outubro: aula T105 da E.T.S.E de Telecomunicacións.
11 e 12 de novembro na aula M-103 da E.T.S.E. de Minas.
Campus de Vigo
Observacións
CERTIFICADO DE ASISTENCIA:A asistencia ao curso será certificada pola Universidade de Vigo a todas aquelas persoas inscritas que asistan ás tres sesións presenciais completas, participen satisfactoriamente na parte virtual e participen de modo activo a través do foro.


