Iniciación ao deseño tridimensional con SolidWorks

Información do curso

Iniciación ao deseño tridimensional con SolidWorks


Tipo Curso Complementario
Código C1011001
Nome Iniciación ao deseño tridimensional con SolidWorks
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Información de contacto:  
 · Teléfono 988 387 000
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

Facultade de Ciencias

Información sobre o calendario (datas)

Período de preinscrición 21/05/2010 00:00 - 28/06/2010 23:59
Período de matrícula 01/06/2010 00:00 - 28/06/2010 23:59
Período de docencia 29/06/2010 - 08/07/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 25
Número máximo de participantes 30
Créditos teóricos 1.2
Créditos prácticos 1.8
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

Alumnos e profesores de ciencias e tecnoloxías. Profesores de ensinanzas medias con coñecementos de CAD. Profesionais do deseño 3D.

Condicións de acceso

1. Membros da comunidade universitaria
2. Persoas alleas á mesma que acrediten uns estudios mínimos equivalentes a 2º de bacharelato

Criterios de selección

Acreditar que se cumpre algunha das condicións de acceso establecidas.

Calendario

• Clase 1, martes 29 de xuño, de 09 a 14 horas
Teoría: Panorámica do software. Entorno de traballo, barras de ferramentas, menús principais e administrador de comandos. Inicio e personalización da sesión de traballo. O xestor de tarefas (FeatureManager). Configuracións e edicións básicas. Tipos de documentos (sólido, ensamblaxe e plano). Formatos de arquivos xestionados. Intercambio de información.
Práctica 1: Configuración e personalización dunha sesión de traballo. Edición dun primer documento de sólido mediante o emprego dos menús, das barras de ferramentas e do administrador de comandos.

• Clase 2, mércores 30 de xuño, de 09 a 14 horas
Teoría: A creación de sólidos. O emprego de perfís bidimensionais ou croquis como base da xeración dun sólido. Creación e modificación do croquis. A elección do plano de debuxo. Planos e comandos de edición do croquis (puntos, liñas, polígonos e splines). Croquis 3D. Dimensionamento dinámico. Función de xeración de sólidos a partir dun croquis feito. Comandos de edición de sólidos. Interactividade cos sólidos (Instant 3D).
Práctica 2: Comezarase a elaboración de distintos modelos de sólidos escollendo, en cada caso, o perfil a croquizar en función da operación de xeración de sólidos a empregar. Edición de croquis e sólidos a partir dos comandos mais característicos.

• Clase 3, xoves 01 de xulio, de 09 a 14 horas
Teoría: A creación de ensamblaxes. Relacións e restricións xeométricas básicas e avanzadas (mecanismos e partes móbiles). Distintos tipos de restricións e o seu emprego en función da ensamblaxe. Explosionados e animacións.
Práctica 3: Elaboración dun conxunto ensamblado a partir dos seus compoñentes sólidos. Visualización dos diferentes resultados segundo o tipo de restricións xeométricas empregadas na ensamblaxe. Emprego das bibliotecas de pezas normalizadas. Explosionados e estudo de movemento (animación).

• Clase 4, martes 06 de xulio, de 09 a 14 horas
Teoría: A elaboración de superficies tridimensionais. O emprego de croquis como base de edición de superficies. Directrices, xeneratrices e liñas de apoio. Comandos de xeración e edición de superficies. Operacións con superficies. Conversión a sólidos.
Práctica 4: Elaboración de distintos tipos de superficies: regradas (desenvolvibles e alabeadas) e non regradas (xeneratriz e directriz). Modificación e control das mesmas.

• Clase 5, mércores 07 de xulio, de 09 a 14 horas
Teoría: A elaboración de planos 2D. Xeración de vistas normalizadas a partir dos modelos tridimensionais (sólidos, superficies e ensamblaxes). Formatos e plantillas. Emprego de ferramentas de inserción de cotas, cortes e vistas auxiliares. Raiados e tipos de liña. Impresión.
Práctica 5: Elaboración do plano de definición do obxecto a partir do modelo 3D. Selección das vistas normalizadas, planos de corte, vistas auxiliares e vistas personalizadas necesarias. Colocación e distribución das cotas, anotacións e símbolos necesarios.

• Clase 6, xoves 08 de xulio, de 09 a 14 horas
Teoría: Resumo xeral do visto nas sesións anteriores. Aspectos complementarios e outros comandos de interese.
Práctica 6: Desenvolvemento dun traballo consistente no ensamblado dun conxunto a partir dos seus compoñentes e animación das partes móbiles. Atención de dúbidas de carácter xeral e particular.

Programa

MÓDULOS TEÓRICOS:
Vista xeral da aplicación
Sólidos
Ensamblaxes
Superficies
Planos de definición
Resumo xeral e aspectos complementarios
MÓDULOS PRÁCTICOS:
Achegamento ó entorno e funcións principais
Creación e edición de sólidos
Creación e edición de ensamblaxes
Creación e edición de superficies
Creación e edición de planos
Repaso: creación e edición dun conxunto

Modo de pagamento

En calquera oficina de Caixanova indicando o nome ou o código do curso. Importe da matrícula: 165,00.-€ coa posibilidade de obtención dunha bolsa de 15,00.-€

Sistema de avaliación

Asistencia polo menos ó 75% das clases presenciais.
Realización con aproveitamento dos exercicios de clase.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos