Información do curso
CREACIÓN DE PORFOLIO PROFESIONAL
Tipo |
Curso de Formación |
|
Código |
CFP0018 |
Nome |
CREACIÓN DE PORFOLIO PROFESIONAL |
|
|
Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema
aquí.
|
|
Modalidade |
Presencial |
Horas |
14 |
Descrición |
O desenvolvemento do portfolio como ferramenta de búsqued activa de empleo converteuse na carta de presentación por excelencia no territorio creativo. Este curso formúlase como unha combinación de teoría e praxe. Abordarase o manexo básico do software de retoque de imaxe e maquetación (photoshop, ilustrator, indesing e acrobat profesional) e afianzaranse os contidos teóridcos referidos a reglas e fundamentos de deseño gráfico. Estes contidos combinaranse coa organización de materiais para a elaboración e presentación do curriculum vitae e as pautas para abordar correctamente unha entrevista laboral. |
Información de contacto: |
|
· Teléfono |
986 80 20 80 |
|
· Fax |
986 80 20 82 |
· Enderezo electrónico |
|
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Vicerreitoría do Campus de Pontevedra.
Información sobre o calendario (datas)
Destinatarios/as
Comunidade universitaria e persoas interesadas en xeral.
Obxectivos
O obxectivo final deste curso é que o alumno saiba comunicar o seu traballo ou proposta creativa para enfrontarse axeitadamente á búsqueda activa de emprego e á presentación profesional do seu traballo ou proxecto, a través do manexo e explotación das ferramentas conceptuais e prácticas que lle serán requiridas.
Condicións de acceso
Preinscrición na plataforma Bubela.
Dende o 17 ao 21 de maio de 2010.
Criterios de selección
Rigorosa orde de prelación.
Calendario
24, 26, 28 e 31 de maio; 2,4 e 7 de xuño de 2010.
14 horas distribuídas en 7 sesións de dúas horas, de 19.00 a 21.00 horas.
Programa
BLOQUE 1.- Conceptos e utilidades básicas do retoque de imaxe. Contorno photoshop.
BLOQUE 2.- Composición gráfica e sistemas reticulaes. Imaxe de marca. Contorno ilustrador.
BLOQUE 3.- O currículum-sácalle o mellor partido
Consideracións antes de deseñar o teu currículum
Tipos de CV, cal che convén?
Cómo redactar o teu currículum
Cartas de recomendación e referencias
Cartas de presentación.
BLOQUES 4 E 5.- Elementos e procedementos básicos de maquetación.
Taller (software indesign)
BLOQUE 6.- A entrevista laboral
Prepárate para a entrevista
Qué facer e qué evitar durante a entrevista
Resolve posibles preguntas difíciles e Despois da entrevista, qué?
Bloque 7.- Arquivos en PDF. Editar con Adobe Acrobat. Roll Play, entrevista de traballo
Modo de pagamento
Matrícula gratuíta.
Impartido en
Aula Tecnolóxica da Casa das Campás de Pontevedra.
Profesorado
Cristina Varela Casal e Rocío Gómez Juncal.
Sistema de avaliación
As clases desenvolveranse a modo de obradoiro, aínda que haberá introducións teóricas onde se apuntarán cada un dos temas que centran os contidos do curso. Ao remate de cada clase establecerase unha serie de materiais de traballo que cada alumno deberá recopilar para traballar na sesión seguinte. Será imprescindible acudir a clase cos materiais, previamente indicados e seleccionados, xa que serán utilizados para o desenvolvemento dos exercicios que serán valorados ao remate do curso.