Curso de italiano 1ºC 09/10

Información do curso

AVISO: Os cursos de idiomas organizados polo Centro de Linguas no curso 2013/2014 están dispoñibles nova web do Centro de Linguas.

Curso de italiano 1ºC 09/10


Tipo Curso de idiomas
Código 923
Nome Curso de italiano 1ºC 09/10
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 45
Información de contacto:  
 · Teléfono 986 81 22 50
 · Fax 986 81 86 49
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso ten como obxectivo que o alumnado sexa capaz de comprender e utilizar expresións cotiás de uso moi frecuente, así como frases sinxelas destinadas a satisfacer necesidades de tipo inmediato, como continuación do curso anterior. Ampliará e reforzará o seu coñecemento sobre os sons, estructuras, léxico e normas de interacción comunicativa máis básicos, así como sobre aspectos culturais que poden determinar as situacións de comunicación máis frecuentes.

 

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 14/09/2009 09:00 - 28/09/2009 13:43
Período de docencia 05/10/2009 - 29/01/2010

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 0
Número máximo de participantes 25
Validación de libre elección 2

Destinatarios/as

Persoas maiores de 16 anos interesadas en adquirir fundamentos da lingua italiana.

Calendario

Datas concretas de docencia:

outubro: días 5, 7, 14, 19, 21, 26 e 28.

novembro: días 2, 4, 9, 11, 16, 18, 23, 25 e 30.

decembro: días 2, 7 e 9.


xaneiro: días 11, 13, 18 e 20.


* Se houber algunha modificación nas datas, as recuperacións serán debidamente acordadas e notificadas ao alumnado, e faranse sempre dentro do período de docencia indicado arriba.

 

Horario

Campus de Vigo:

Nivel inicial A1.1 : luns e mércores de 16.00 a 18.00 horas.

Campus de Ourense:

Nivel inicial A1.1: luns e mércores de 19:00 a 21:00 horas.

Programa

Nivel Inicial

Trátase de comezar a utilizar esta lingua como instrumento de comunicación en situacións cotiás, logo de recibir información sobre os sons, estructuras, léxico e normas de interacción comunicativa máis básicos, así como sobre aspectos culturais que poden determinar as situacións de comunicación máis frecuentes.

Contidos

1. Expresar cantidades e medidas. Preguntar por algo. Os números do 100 en diante. Artigos indeterminados, preposicións e contraccións.

2. Identificar obxectos. Comprar. A concordancia adxectivo-sustantivo. Demostrativos. Presente de verbos terminados en –ire.

3. Propoñer actividades, aceptalas ou rexeitalas. Pronomes persoais. Presente de potere, dovere, volere, e venire.

4. Xestionar e controlar a comunicación telefónica: saúdos e fórmulas. Repetir e transmitir o dito por outros. Estilo indirecto. Presente de estare e o xerundio.

5. Contar sucesos pasados. O participio pasado dos verbos regulares e dalgúns irregulares. Passato prossimo con essere e avere.

 

 

 

Contidos gramaticais

ü   Presente de indicativo dos verbos regulares e dos irregulares máis frecuentes.

ü   Numerais ordinais, cardinais.

ü   Uso dos pronomes interrogativos.

ü   Uso dos artigos determinados e indeterminados.

ü   Uso do verbo essere coa partícula ci.

ü   Uso das preposicións a e in.

ü   Formación dos plurais regulares.

ü   Pronomes demostrativos.

ü   Pronomes suxeito.

ü   Stare + xerundio.

ü   Formación dos participios.

 

 Contidos lexicais.

ü   Palabras, expresións e fórmulas coñecidas de Italia.

ü   Léxico relativo á presentación e á biografía persoal.

ü   Léxico ligado ós medios de transporte, á viaxe.

ü   Léxico ligado ó tempo cronolóxico: momentos do día, estacións, días da semana, meses.

ü   Léxico básico ligado ó tempo atmosférico.

ü   Léxico relativo á realidade cotiá persoal: actividades habituais, actividades de tempo libre, traballo, contactos telefónicos.

ü   Léxico relativo ás compras, pedimentos nun bar, nun restaurante.

 

 

 

 

 

Modo de pagamento

180 euros (xeral)

135 euros (membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo)

Impartido en

Ourense: Facultade de Dereito, aula 1.2


Vigo: Facultade de Filoloxía e Tradución, aula B4A

Observacións

Pasos para matricularse nos cursos do Centro de Linguas:

 

1. Darse de alta como usuario na Área de Posgrao Virtual. (https://bubela.uvigo.es). Se xa es usuario, só é necesario seguir os pasos de insrición da páxina.
2. Facer a inscrición online seguindo os pasos que se indican.
3. Pagar as taxas en Caixanova, indicando o código do curso no que se matricula. O número de conta é 2080-0000-74-0040225994.
4. Facer chegar ao Centro de Linguas a documentación requirida (véxase máis abaixo) de tres maneiras: vía fax ao número 986 818649, escaneado ao correo electrónico centrodelinguas@uvigo.es ou ben en persoa na oficina do Centro de Linguas na Facultade de Filoloxía e Tradución (no Pavillón Central).
5. A matrícula confírmase a través dunha mensaxe de correo electrónico. Se non se recibe antes da finalización do período de preinscrición e matrícula recomendamos poñerse en contacto co Centro de Linguas.

 

*Documentación requirida:

- Folla de preinscrición cuberta (pódese solicitar por correo ou en persoa).
- Fotocopia do DNI.
- Xustificante de ingreso bancario.
- No seu caso, xustificante de ser membro da comunidade universitaria (Impreso A0 ou copia de contrato).

As prazas asignaranse por estrita orde de matrícula (momento en que se faga chegar a documentación ao Centro de Linguas).

 Devolución de taxas:

Para a devolución de taxas séguense os seguintes criterios:

1-     Cancelación do curso no que o/a estudante se matriculou

2-     Limitación de prazas

3-    Incompatibilidade por causa sobrevida que se xustificará e se presentará por rexistro xeral na primeira semana logo do comezo do curso comunicándoo nesta mesma data ao Centro de Linguas.

 

 

Titulación

Certificado de asistencia en que se explicita o número de horas e créditos correspondentes ao curso. Para a súa obtención requerirase un 85% de asistencia a clase (unhas 38 horas).

Profesorado

Por determinar

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos