Utilización de KAHOOT para a docencia (Campus de Ourense)

Información do curso

Utilización de KAHOOT para a docencia (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPCAIAOU241
Nome Utilización de KAHOOT para a docencia (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 10
Descrición

As novas tecnoloxías ofrecen moitas oportunidades para facer a nosa clase máis interactiva e motivadora.
Kahoot é unha plataforma de aprendizaxe baseada en xogos que permite ao profesorado crear cuestionarios interactivos, enquisas e xogos de preguntas.
Neste curso eminentemente práctico aprenderemos a manexar Kahoot, unha ferramenta divertida e eficaz para crear interacción na aula e avaliar o coñecemento do estudantado.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Campus da Auga.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 10/09/2024 12:00 - 27/09/2024 23:59
Período de docencia 02/10/2024 - 16/10/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 5
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

O 75 % das prazas do curso está destinada ao profesorado do Campus da Auga e o 25 % restante está aberta a todo o profesorado da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Describir as características da aplicación para dinamizar a docencia no eido universitario.
  • Distinguir as diferentes funcionalidades de KAHOOT.
  • Deseñar cuestionarios en liña.
  • Identificar as funcionalidades máis importantes de KAHOOT para a xeración de preguntas e respostas interactivas.
  • Desenvolver un cuestionario en liña de forma autónoma.
  • Diferenciar os métodos de avaliación con KAHOOT.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade presencial os días 2 e 9 de outubro de 16.30 a 20.00; e 16 de outubro de 16.30 a 19.30 horas.

Programa

1. Rexistro e creación de conta: aprenderás a rexistrarte e crear unha conta en Kahoot.

2. Creación de cuestionarios interactivos: descubrirás como deseñar cuestionarios personalizados con diferentes tipos de preguntas (preguntas de opción múltiple, verdadeiro/falso e abertas), imaxes, vídeos e configuracións.

3. Uso de cuestionarios en liña: aprenderás a xogar en directo cos teus alumnos utilizando dispositivos ou equipos. Kahoot úsase na aula para involucrar ao alumnado. As persoas participantes responden ás preguntas en tempo real utilizando os seus dispositivos móbiles ou ordenadores.

4. Puntuación e competición: os/as xogadores/as gañan puntos en función da velocidade e precisión das súas respostas. Isto fomenta a competencia "amistosa" e a aprendizaxe activa.

5. Resultados e avaliación: Verás como analizar os informes detallados sobre o rendemento do alumnado, axudándoo a avaliar a aprendizaxe e adaptar o seu ensino e utilizalos para dar retroalimentación.

Impartido en

Campus de Ourense. Aula 2.8 situada no Edificio Campus Auga de Ourense.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación da formación será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo despois de 21 días desde a finalización dela.

Profesorado

Modesto Corderí Novoa
É enxeñeiro en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, graduado en Filoloxía Chinesa pola Universidade de Lingua e Cultura de Pekín (BLCU), posúe un mestrado en Ensinanza de Chinés a Falantes doutras Linguas, e é doutor  en Adquisición de Linguas e Contornas Multilingües pola Universidade do País Vasco. Actualmente traballa na Escola Oficial de Idiomas da Coruña.

Sistema de avaliación

Requirirase asistir ao 80 % das sesións e a elaboración dun traballo final consistente no deseño en Kahoot relacionado coa materia ou especialidade docente.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos