Xestión do módulo de traballo de fin de estudos de SIGMA (Campus de Ourense)

Información do curso

Xestión do módulo de traballo de fin de estudos de SIGMA (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPXES24OU
Nome Xestión do módulo de traballo de fin de estudos de SIGMA (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 4
Descrición

A finalidade da actividade formativa é que o profesorado sexa quen de xestionar o procedemento de asignación e defensa dos traballos de fin de estudo (tanto de grao coma de posgrao) a través do módulo de Traballo Fin de Estudos da nova aplicación académica SIGMA.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Vicexerencia de Coordinación Académica.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 04/06/2024 12:00 - 28/06/2024 23:59
Período de docencia 12/07/2024 - 12/07/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado que coordina os TFG e/ou TFM da Universidade de Vigo. Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Xestionar a través do módulo de traballos fin de estudo da aplicación SIGMA para a asignación e defensa dos traballos fin de grao ou de mestrado.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade presencial o día 12 de xullo de 10 a 14 horas.

Programa

- Definición de convocatorias.
- Definición de ofertas.
- Asignación de titores/as.
- Inscrición de estudantes.
- Asignación e modificación de prazas.
- Seguimento do alumnado.
- Xestión da solicitude de defensa.
- Espazo do alumnado.

Impartido en

Campus de Ourense. Pendente lugar de impartición.

Observacións

Coñecementos previos:

Procedemento de asignación e defensa dos TFG/TFM.

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación da formación será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo despois de 21 días desde a finalización dela.

Profesorado

Ángeles Peña Gallego

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 100 % da sesión do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos