Xestión de prácticas académicas externas: ferramentas e normativas (Campus de Ourense)

Información do curso

Xestión de prácticas académicas externas: ferramentas e normativas (Campus de Ourense)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPXESTI24OUR
Nome Xestión de prácticas académicas externas: ferramentas e normativas (Campus de Ourense)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 8
Descrición

A aprobación no ano 2021, en Consello de Goberno, dun novo Regulamento de Prácticas Académicas Externas impulsou a posta en marcha dunha aplicación informática para mellorar a xestión das prácticas académicas externas. Esta aplicación trata de cubrir todas as fases do proceso de xestión desas prácticas nas que participan os/as responsables académicos ou xestores/as administrativos/as delas e permite non só un seguimento individualizado da práctica, se non tamén a xeración da documentación necesaria para a súa formalización e avaliación. Trala entrada en vigor do Real decreto-lei 2/2023, de 16 de marzo, que supuxo a inclusión no Sistema da Seguridade Social de alumnado que realice prácticas académicas externas, a citada aplicación sufriu cambios para permitir que a Universidade de Vigo cumpra con estas obrigas.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2024.

Entidades organizadoras

Área de Emprego e Emprendimento (Vicerreitoría de Estudantado e Empregabilidade) e Área de Formación e Innovación Educativa (Centro de Posgrao e Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 27/05/2024 12:00 - 07/06/2024 23:59
Período de docencia 13/06/2024 - 16/06/2024

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 50

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Describir as implicacións dos novos regulamentos en materia de prácticas.
  • Gañar consciencia sobre o dereito do alumnado de cotizar á Seguridade Social pola realización das súas prácticas académicas externas.
  • Listar o procedemento que é necesario realizar para que a Universidade de Vigo cumpra coas obrigas en materia de Seguridade Social do seu alumnado en prácticas.
  • Nomear as fases do proceso de xestión dunha práctica.
  • Recoñecer o funcionamento e aprender a traballar coa aplicación informática de xestión de prácticas curriculares.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase o 13 de xuño de 9 a 14 horas.

O curso desenvolverase en dúas modalidades presencial e virtual síncrona. Para que se poida levar a cabo en formato presencial é necesario que se preincriban 15 persoas nesta modalidade. Consultaráselle ao facer á preinscrición.

Programa

- Novidades principais do Regulamento de Prácticas Académicas Externas.
- Obrigas ante a Seguridade Social da Universidade de Vigo pola realización de prácticas académicas externas do seu alumnado.
- Uso da nova plataforma informática para a xestión integral dunha práctica.
- Documentación de formalización e seguimento das prácticas.

Impartido en

Campus de Ourense. Laboratorio 112 da Facultade de Educación e Traballo Social.
Campus remoto.

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo.

Profesorado

María Reyes Fernández González

É técnica superior de Orientación Laboral e Promoción do Emprego e Emprendemento da Área de Emprego da Universidade de Vigo.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % das sesións do curso.
  • Superar o cuestionario de avaliación.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos