Como escribir unha guía docente para Docnet en inglés
Información do curso
Como escribir unha guía docente para Docnet en inglés
| Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
| Código | PFPPIND231 | ||||
| Nome | Como escribir unha guía docente para Docnet en inglés |
|
|||
| Modalidade | Virtual (síncrona e asíncrona) | ||||
| Horas | 12 | ||||
| Descrición | Trátase dun curso práctico no que se analizarán anonimamente exemplos reais das guías docentes publicadas na aplicación da Universidade de Vigo e o alumnado do curso redactará seccións das súas propias guías docentes, que serán corrixidas individualmente. |
||||
| Información de contacto: | |||||
| · Teléfono | 986812035 | ||||
| · Fax | |||||
| · Enderezo electrónico | |||||
| Compartir: |
|
||||
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.
Información sobre o calendario (datas)
| Período de matrícula | 27/09/2023 12:00 - 03/11/2023 23:59 |
|---|---|
| Período de docencia | 28/11/2023 - 12/12/2023 |
Prazas e créditos
| Número mínimo de participantes | 10 |
|---|---|
| Número máximo de participantes | 16 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Obxectivos
Redactar a versión en inglés das guías docentes das súas materias para DOCNET.
Profesorado
Centro de Linguas (Fundación Universidade de Vigo)
Programa
- Presentación e análise dos erros máis habituais na sección de avaliación das guías docentes da Universidade de Vigo.
- Redacción da sección de avaliación da guía docente dunha materia impartida na Universidade de Vigo durante o curso académico 2024/25.
- Análise e corrección individual das seccións de avaliación escritas polo alumnado do curso.
- Análise dos erros comúns do alumnado do curso. Presentación de conclusións.
Calendario
PARTE VIRTUAL SÍNCRONA (8 horas):
Desenvolverase os días 28 e 30 de novembro de 10 a 13 horas e 12 de decembro de 10 a 12 horas.
PARTE VIRTUAL ASÍNCRONA (4 horas):
Entre o 30 de novembro e o 12 de decembro.
Impartido en
Impartirase a través do Campus remoto.
Observacións
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Titulación
A superación da formación será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a finalización dela.
Sistema de avaliación
Para a superación da actividade formativa será necesaria:
- A asistencia ao 80 % das sesións virtuais síncronas.
- A realización das tarefas do curso.


