Iniciación a Power BI e á analítica de datos

Información do curso

Iniciación a Power BI e á analítica de datos


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPO23
Nome Iniciación a Power BI e á analítica de datos
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 10
Descrición

Power BI é unha ferramenta informática que permite xerar visualizacións de grandes cantidades de datos de forma interactiva e a partir de múltiples orixes de datos, así como xerar informes de alto impacto.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 08/06/2023 12:00 - 25/10/2023 23:59
Período de docencia 06/11/2023 - 14/11/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

- Describir as petencialidades de Power Bi para explitar datos e realizar análises dunha maneira eficiente e eficaz.
- Aplicar as ferramentas do programa para facer informes.
- Deseñar un cadro de mando táctico.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

Desenvoverase os días 6, 7, 9, 13 e 14 de novembro de 18 a 20 horas.

Programa

-Introdución a Power BI:
  a. Power Query.
 b. Linguaxe DAX.
-Intelixencia de tiempo.
-Creación dun informe con Power BI.

 

Impartido en

A través do campus remoto.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación da formación será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a finalización dela.

Profesorado

María José Ferreira Fernández

É consultora especializada en analítica avanzada e intelixencia empresarial (BI). Ten un mestrado en Big Data, BI e Controlling e posúe ampla experiencia profesional nas áreas de servizos e consultoría TI. Así mesmo, ten sólidos coñecementos en ferramentas BI, bases de datos, linguaxes de programación e outras aplicacións que son necesarias para o desenvolvemento da súa labor. Desde o seu rol como consultora, axuda á clientela a entender a relación do seu negocio cos datos, dunha maneira sinxela e aportando solucións concretas.

Sistema de avaliación

Para as sesións virtuais síncronas achegarase un cuestionario final de 10 preguntas, onde cada pregunta terá catro respostas e unha soa sexa a correcta.
Presentación final do caso práctico elaborado a partir dos elementos elaborados durante o curso. Matriz de resultados.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos