A neurociencia educativa na universidade II

Información do curso

A neurociencia educativa na universidade II


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPNEEII23
Nome A neurociencia educativa na universidade II
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 12
Descrición

A actividade formativa céntrase na comprensión e entendemento da neurociencia educativa nas aulas universitarias como unha realidade tendo presente a esencia cognitiva do cerebro do alumnado universitario. Desde a neuroeducación defínense todos os conceptos necesarios para comprender o mecanismo cognitivo da aprendizaxe e se aportan ferramentas básicas para poder implantar a neurodidáctica na aula universitaria. Isto axudará a que as persoas participantes adquiran competencias teórico-prácticas para dinamizar as súas clases.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 01/06/2023 12:00 - 04/09/2023 23:59
Período de docencia 18/09/2023 - 21/09/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 25

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Recoñecer o verdadeiro alcance da neurociencia educativa para a docencia universitaria.
  • Saber como aplicar a neuroeducación e neurodidáctica na aula universitaria.
  • Potenciar as capacidades e habilidades cognitivas do alumnado universitario por medio do deseño e aplicación de actividades baseadas na neuroeducación acordes a súa esencia cognitiva.
  • Dinamizar a aula universitaria de forma significativa para o seu alumnado.
  • Describir os procesos neuropsicolóxicos facilitadores da aprendizaxe humana.
  • Analizar o verdadeiro significado e poder da plasticidade cerebral.
  • Discriminar as habilidades e capacidades cognitivas necesarias para a aprendizaxe e o seu correcto manexo potenciador desde a actividade docente.
  • Aplicar a neurodidáctica desde el diseño de actividades de aprendizaxe baseada na neurociencia educativa.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona os días 18, 20 e 21 de setembro de 10 a 14 horas.

Programa

  1. O como da aprendizaxe:
    - Definición do proceso neuropsicolóxico.
    - A neurona e plasticidade cerebral: xuntas mais non confundidas.
    - O estrés. O gran potenciador bipolar.
    - Elementos neuropsicolóxicos da aprendizaxe: percepción, atención, memoria, linguaxe, funcións executivas, razoamento versus pensamento, socialización e emoción.

Impartido en

Campus remoto.

Observacións

IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.

Profesorado

María Luisa Regadera Pineda

É licenciada en Psicopedagoxía, posgraduada en Neuropsicoloxía e posgraduada en Rehabilitación Neurocognitiva.
Dirixe o Mestrado de Neuroeducación no Instituto Superior de Estudos Psicolóxicos (ISEP) e coordina a Delegación de Barcelona. Asimesmo, dirixe e coordina o Centro ISEP Clínic Mallorca.

Ten unha longa experiencia na avaliación e diagnóstico, tratamento e neurorehabilitación para a aprendizaxe e os seus trastornos.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % do curso.
  • Superar un cuestionario final de 10 preguntas.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos