Deseño e creación de podcast educativos
Información do curso
Deseño e creación de podcast educativos
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPPOD23 | ||||
Nome | Deseño e creación de podcast educativos |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | Este curso está orientado a descubrir e comprender as potencialidades do Podcast como ferramenta educativa. Ao longo do curso os participantes aprenderán a facer un guión, gravar os «audios» e montar e editar o seu propio podcast para compartir en servizos de distribución de podcasts ou nas ferramentas de teledocencia (Moodle, blog...). |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 07/06/2023 12:00 - 08/09/2023 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 02/10/2023 - 02/11/2023 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea impartindo docencia no Grao de Dirección e Xestión Pública e despois que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Coñecer as potencialidades dos podcast como ferramenta educativa.
- Adquirir os coñecementos precisos para integrar con éxito as diversas tipoloxías de podcast na práctica docente tanto en modalidades de ensino presencial como virtuais e semipresenciais.
- Deseñar, desenvolver e distribuír podcast empregando ferramentas e recursos accesibles tanto para o profesorado como para o alumnado.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
Do 2 de outubro ao 2 de novembro.
Programa
Módulo 1. Introdución
Unha aproximación ao concepto de podcast.
O emprego de podcast na academia. Da comunicación institucional á divulgación científica. Os podcast como materiais para o ensino-aprendizaxe. Potencialidades.
Tipoloxías de podcast educativo.
Exemplos de podcasting no ensino universitario.
Módulo 2. Deseño de podcast educativo
Posibilidades de integración de podcast no deseño didáctico dunha materia. Obxectivos.
Planificación. Estrutura.
Guión. Escribir para escoitar. Contidos.
Uso de intelixencias artificiais (IA) xerativas para a redacción de guións.
Duración.
Módulo 3. Creación de podcast educativo
Ferramentas de gravación de son Proceso de gravación.
Ferramentas de edición: Audacity, Garageband e Anchor. Proceso de edición.
Uso de IA xerativas para o podcasting.
Módulo 4. Distribución
Repositorios de podcast.
Subir e distribuír podcast en ditas plataformas. Integrar podcast en Moodle.
Impartido en
Moovi.
Observacións
Titorización:
Os venres de 10 a 11 horas desenvolveranse as sesións de titorías a través do Campus remoto. As titorías son optativas.
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Titulación
A Vicerreitoría de Titulación e Innovación Docente emitirá un diploma ás persoas que superen a formación.
Profesorado
Teresa Piñeiro Otero
Profesora titular da área de Comunicación audiovisual e prublicidade na Universidade da Coruña. Imparte docencia relacionada co son nas materias «Ambientación sonora e musical» e desenvolve grande parte da súa actividade académica ligada aos estudios radiofónicos e uso de voz e música en cine, videoxogos e outras estruturas narrativas.
Sistema de avaliación
Superación das actividades de avaliación.