Claves para mellorar a motivación do teu alumnado
Información do curso
Claves para mellorar a motivación do teu alumnado
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPCL23 | ||||
Nome | Claves para mellorar a motivación do teu alumnado |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 12 | ||||
Descrición | A formación busca dotar ao profesorado de ferramentas útiles para que as súas leccións e relatorios docentes incrementen a motivación do alumnado. O curso é de carácter teórico-práctico. Na parte teórica aprenderanse recursos para mellorar a motivación a partir da análise das circunstancias que rodean ao estudantado e que condicionan a súa atención na clase e na parte práctica aplicaranse. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 24/05/2023 12:00 - 15/09/2023 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 02/10/2023 - 30/10/2023 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Definir e describir as claves da motivación.
- Analizar como aprende, memoriza e presta atención o cerebro cando está motivado.
- Examinar os aspectos negativos e positivos que rodean o individuo e modulan a súa motivación.
- Adquirir estratexias didácticas para que as nosas clases sexan máis interesantes.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona a través do Campus remoto o día 2 de outubro de 16 a 18 horas e os días 9, 16, 23 e 30 de outubro de 16 a 18.30 horas.
Programa
Tema 1: A motivación: que é e para que serve.
Tema 2: Diferenzas entre a motivación intrínseca e extrínseca.
Tema 3: A motivación: precursora da atención, da memoria e da aprendizaxe.
Tema 4: Como aumentar a motivación no alumnado.
Impartido en
Campus remoto.
Observacións
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.
Profesorado
Paula Rivas Ramírez
É bióloga e doutora en Neurociencias. Traballou como científica en distintos centros de investigación coma o Instituto de Química Orgánica e Bioquímica en Praga, a Universidade da Sorbona en París e o Instituto Experimental de Medicina de Praga. Desenvolveu tarefas de titora e docente na Universidad Internacional de Valencia e na Universidad Internacional Isabel I de Castilla. Actualmente traballa como investigadora posdoutoral no ámbito da neurociencia na Universidade de Vigo e ao tempo realiza actividades de divulgación científica.
Sistema de avaliación
- Asistencia ao 80 % das sesións síncronas do curso.
- Superación de diferentes exercicios prácticos.