Perspectiva de xénero en investigación e docencia universitaria: enfoque integral

Información do curso

Perspectiva de xénero en investigación e docencia universitaria: enfoque integral


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPPER23
Nome Perspectiva de xénero en investigación e docencia universitaria: enfoque integral
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual síncrona
Horas 10
Descrición

O enfoque integral ou  transversalización da perspectiva de xénero na investigación e a docencia universitaria remite á análise do modo en que se deseña a investigación, así como ao proceso de ensinoaprendizaxe das materias co obxecto de planificar accións dirixidas a omitir posibles nesgos de xénero en cada un dos seus elementos e dimensións. A súa inclusión permite, entre outros: reflexionar de forma crítica sobre as relacións de xénero e estimular o pensamento crítico; repensar as prácticas en investigación e docencia; incrementar a calidade científica e docente; incrementar a relevancia social da produción científica e transmisión de coñecemento; afondar nas necesidades sociais e responder os requirimentos crecentes de institucións financiadoras e revistas científicas.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 24/03/2023 12:00 - 31/05/2023 23:59
Período de docencia 16/06/2023 - 23/06/2023

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Describir a investigación e docencia cega ao xénero.
  • Definir en que consiste a perspectiva de xénero na investigación e docencia universitaria.
  • Detectar nesgos de xénero na investigación e na docencia universitaria.
  • Desenvolver destrezas e habilidades para incluír a perspectiva de xénero nos procesos de investigación e docencia universitaria seguindo un enfoque integrador.

Criterios de selección

Por orde de preinscrición.

Calendario

O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona a través do Campus remoto os días 16, 19, 21 e 23 de xuño de 9.30 a 12 horas.

Programa

  1. Introdución: docencia e investigación sensible ao xénero:
    -Principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na investigación e docencia universitaria: marco normativo.
    -A Universidade: unha institución de xénero.
    -Nesgos de xénero en investigación e docencia universitaria.
    -Que é a perspectiva de xénero en investigación e docencia?
    -Achegas desde as epistemoloxías e pedagoxías feministas.
    -Que beneficios achega a inclusión da perspectiva de xénero na investigación e na docencia universitaria?

  2. Enfoque integral ou transversal da perspectiva de xénero:
    -Enfoques para a inclusión da perspectiva de xénero.
    -A  transversal da perspectiva de xénero na investigación e docencia universitaria.
    -A  transversal da perspectiva de xénero. É unha investigación e docencia sobre as mulleres?
    -A  transversal da perspectiva de xénero, pode contemplarse en todas as liñas de investigación, materias, estudos, formación universitaria?

  3. Proposta para a inclusión da perspectiva de xénero de forma transversal na investigación (produción científica):
    -Investigación sensible ao xénero e á diversidade.
    -Inclusión da perspectiva de xénero nas fases dun proxecto de investigación: idea, marco teórico e preguntas de investigación.
    -Inclusión da perspectiva de xénero na fase de preguntas de investigación: deseño da investigación (instrumentos de recollida de datos, mostra, traballo de campo, análise) e difusión.

  4. Proposta para a inclusión da perspectiva de xénero de forma transversal na docencia universitaria:
    -Inclusión da perspectiva de xénero no currículo formal: competencias, obxectivos, resultados de aprendizaxe, contidos, avaliación e bibliografía das materias.
    -Inclusión da perspectiva de xénero no currículo oculto: recursos docentes, método docente e modalidades organizativas na aula.

Impartido en

Campus remoto.

Observacións

IMPORTANTE:

Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”

Pode consultar máis información na seguinte ligazón.

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.

Profesorado

María José Rodríguez Jaume

É doutora en Socioloxía ( UA). Foi directora da Unidade de Igualdade (2010-2020) e vicerreitora de Responsabilidade Social, Inclusión e Igualdade (2016-2020) da Universidade de Alacante.

Coordinou o do Grupo de Traballo de Políticas de Xénero da CRUE (2018-2020),  a Guía de recomendacións para a inclusión da perspectiva de xénero na universitaria (UA, 2017) e  cocoordinou a colección de Guías para unha  docència  universitària con perspectiva de xénero da  Xarxa Vives d’ Universitats.

Sistema de avaliación

  • Asistencia ao 80 % do curso.
  • Superación dos cuestionarios de avaliación de cada tema.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos