Obradoiro Elaboración e Xestión de Proxectos financiados pola UE no contexto dixital (1ª edición)
Información do curso
Obradoiro Elaboración e Xestión de Proxectos financiados pola UE no contexto dixital (1ª edición)
Tipo | Outros cursos | ||||
Código | EXPFUECD01 | ||||
Nome | Obradoiro Elaboración e Xestión de Proxectos financiados pola UE no contexto dixital (1ª edición) |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 5 | ||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 801973 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Presentación
A Unión Europea ofrece financiamento para a realización de proxectos orientados ao desenvolvemento socioeconómico. Xa que logo, constitúe unha oportunidade tanto para entidades privadas como para as administracións públicas que desexan impulsar proxectos innovadores. Na práctica, están en marcha convocatorias que contemplan diversos instrumentos de financiamento coas súas características e criterios de avaliación.
O obxectivo xeral deste Obradoiro consiste en iniciar aos participantes na elaboración e xestión de proxectos para concorrer a convocatorias promovidas pola UE. Combina a achega duns mínimos contidos teóricos co tratamento de situacións prácticas. Deste xeito, agardase aumentar as habilidades e capacidades profesionais dos participantes, incrementando así as posibilidades de emprego nun eido con alta demanda.
Entidades organizadoras
Celso Cancela Outeda
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 17/03/2023 19:08 - 17/04/2023 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 18/04/2023 - 20/04/2023 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 25 |
Destinatarios/as
Estudantes universitarios (Dirección e Xestión Pública, Dereito, Economía, ADE, etc.), empregados públicos e interesados en xeral.
Obxectivos
O obxectivo xeral deste Obradoiro consiste en iniciar aos participantes na elaboración e xestión de proxectos para concorrer a convocatorias promovidas pola UE
Criterios de selección
Orde de inscrición
Calendario
Martes 18 e xoves 20 de abril de 2023
Horario: 16 a 18:30h.
Programa
Contidos
- Introdución: Unión Europea e políticas públicas
- Aspectos básicos da elaboración e xestión de proxectos europeos. As plataformas dixitais.
- Pasos clave para a formulación de proxectos na contorna dixital.
- ¿Como elaborar e presentar unha proposta europea?
- Consideracións finais: recomendacións e consellos
Modo de pagamento
De balde
Impartido en
Campus Remoto da UVigo. Salón de Actos da Facultade de Dirección e Xestión Pública https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/925276772
Profesorado
Celso Cancela Outeda
Eva Garea Oya
Sistema de avaliación
Asistencia ao 85% das sesións previstas e entrega dunha tarefa final titorizada.