Wordpress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento
Información do curso
Wordpress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPWORP23 | ||||
Nome | Wordpress autoxestionado. Controla a túa web con este CMS desde a súa instalación ata ao seu mantemento |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 25 | ||||
Descrición | O curso busca que o profesorado poida xerar e modificar os contidos en blogs e webs, identificando as necesidades de comunicación e a personalizando os contidos e deseño. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 16/03/2023 12:00 - 04/05/2023 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 16/05/2023 - 16/06/2023 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá preferencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Comprender a linguaxe HTML para a creación e modificación de contidos en blogs e webs.
- Capacidade para instalar e manter o CMS WordPress.
- Identificar temas e complementos de WordPress en webs externas para o seu emprego nunha web persoal.
- Identificación de necesidades de comunicación en WordPress e a súa solución.
- Personalización de contidos e deseño dunha web con WordPress empregando compositores visuais que non requiren programación.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual asíncrona do 16 de maio ao 16 de xuño.
As titorías desenvolveranse en modalidade virtual síncrona os días 16, 22 e 29 de maio, 5 e 12 de xuño de 10 a 11 horas.
Programa
- Introdución. Que é WordPress. Diferentes versións. Cal escollo?
- Instalación de WordPress.
- Configuración WordPress.
- Contidos en WordPress.
- Funcionalidades en WordPress.
- Personalización en WordPress (I)
- Personalización en WordPress (II)
- Algunhas funcionalidades útiles para a docencia (estes contidos prepáranse en función do que precisen os/as participantes, todos os cursos teñen inquedanzas diferentes. En función da necesidade do grupo, propoño solucións para as súas webs aquí).
- Optimización de WordPress.
Impartido en
Impartirase a través de Moovi e as titorías a través do Campus remoto.
Observacións
IMPORTANTE:
Segundo a directriz aprobada pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.”
Pode consultar máis información na seguinte ligazón.
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.
Profesorado
Luis Xabier Martínez Rolán
Profesor titular da Universidade de Vigo, especializado en comunicación dixital.Imparte materias como Deseño para medios dixitais, Produción publicitaria na web e multimedia, Proxectos interactivos en novos medios: web ou Xestión, edición e publicación de contidos con CMS.
Sistema de avaliación
Será necesario asistir ao 80% das sesións virtuais síncronas (titorías) e superar as tarefas que se soliciten.