Xornada de Innovación Educativa do Programa Universitario de Maiores
Información do curso
Xornada de Innovación Educativa do Programa Universitario de Maiores
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPPUM23 | ||||
Nome | Xornada de Innovación Educativa do Programa Universitario de Maiores |
|
|||
Modalidade | Presencial | ||||
Horas | 8 | ||||
Descrición | Esta formación ten como finalidade poñer en común boas prácticas que se desenvolven no Programa Universitario de Maiores. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Esta xornada insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.
Entidades organizadoras
Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 31/03/2023 12:00 - 02/06/2023 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 16/06/2023 - 16/06/2023 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 150 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado do Programa de Maiores da Universidade de Vigo e tamén poderá participar todo o profesorado da Universidade de Vigo.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
Analizar como o PUM mellora o benestar das persoas maiores.
Compartir as metodoloxías activas na impartición de docencia no PUM.
Explicar en que consiste a democratización do programa.
Examinar como inserir actividades de mobilidade no programa.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
Desenvolverase o día 16 de xuño de 9.45 a 14 e de 16 a 20 horas.
Programa
Ligazón ao programa.
Impartido en
Salón de actos da Escola de Enxeñaría Industrial (sede cidade).
Observacións
ENVÍO DE COMUNICACIÓNS
A plantilla da comunicación descargarase na seguinte ligazón (http://eafp.innovacion.webs.uvigo.gal/pum/formato_comunicacion.docx) e enviarase a través do seguinte formulario: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso2/6067
DATAS IMPORTANTES
Envío de comunicacións: ata o 12 de maio.
Avaliación das comunicacións: ata o 2 de xuño.
Presentación na xornada: 16 de xuño.
COMISIÓN DE AVALIACIÓN
Carmen M.ª Abreu Fernández
Coordinadora xeral do Programa de Maiores
Ana Acuña Trabazo
Coordinadora do Programa de Maiores do campus de Pontevedra
Alberto Vaquero García
Coordinador do Programa de Maiores do campus de Ourense
Fernando Cerdeira Pérez
Secretario da EAFP
María de los Ángeles Villar Lemos
TS de Formación e Innovación Educativa
Titulación
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Vicerreitoría de Titulacións e Innovación Docente da Universidade de Vigo nun prazo de 15 días desde a súa finalización.
Sistema de avaliación
Asistencia ao 100 % da xornada.