Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais
Información do curso
Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPCITRU23 | ||||
Nome | Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais |
|
|||
Modalidade | Virtual síncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | LibreOffice é OpenOffice son proxectos licenciados en software libre, e están dispoñibles de balde para seren descargados en varias plataformas. Neste curso poderás atopar apuntes, vídeos e exercicios para aprender a dominar edición de documentos de texto. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.
Entidades organizadoras
Consorcio para o desenvolvemento de aplicación de xestión universitaria de Galicia (CIXUG).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 13/02/2023 12:00 - 21/03/2023 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 24/04/2023 - 26/05/2023 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 1 |
---|---|
Número máximo de participantes | 5 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Ser quen de empregar as Suites Ofimáticas.
- Empregar os atallos de teclado.
- Xerar documentos enriquecidos.
- Personalizar LibreOffice.
- Instalar as extensións.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual asíncrona a través do campus do CIXUG do 24 de abril ao 26 de maio.
Terá webinars optativas que aínda non están fixadas.
Programa
1. Introdución:
- Software Libre e software non libre.
- Cultura Libre e Creative Commons.
- Obter recursos libres.
- Formatos estándares.
- Ofimática: paquetes ofimáticos.
- Contorna de traballo do Sistema Operativo.
2. Creación dixital de documentos enriquecidos:
- Estilos e formateado.
- Modelos.
- Tipografías e fontes libres.
- Referencias bibliográficas.
- Exportar a PDF de calidade.
- Trucos e bos costumes.
3. Configuración e personalización de LibreOffice:
- Configuración.
- Personalizar.
4. Extensións:
- Descarga de extensións.
- Xestor de extensións.
- Extensións engadidas por defecto.
- Máis extensións.
Impartido en
Plataforma do CIXUG.
Profesorado
Óscar Fernández Carballo
É enxeñeiro Informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.
Experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación...…).
Sistema de avaliación
Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Writer. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.
A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta:
- Participación (10 horas de conexión como mínimo).
- Avaliación continua, mediante realización de exercicios, consultas nos foros etc...
- Posibilidade dunha proba final.