Creación de Infografías e deseños vectoriais
Información do curso
Creación de Infografías e deseños vectoriais
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPCIDE23 | ||||
Nome | Creación de Infografías e deseños vectoriais |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | A creación e manipulación de imaxes é unhas das labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que os/as participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, desde retocalas ou editalas, ata crealas desde cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2023.
Entidades organizadoras
Consorcio para o desenvolvemento de aplicación de xestión universitaria de Galicia (CIXUG).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 13/02/2023 12:00 - 21/03/2023 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 17/04/2023 - 19/05/2023 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 1 |
---|---|
Número máximo de participantes | 5 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Describir os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
- Distinguir as diferentes ferramentas dixitais para a creación e tratamento de imaxes.
- Analizar as contornas de traballo da edición de imaxes, así como as súas ferramentas e as opcións.
- Localizar e obter imaxes de forma ética e legal para completar as composicións gráficas.
- Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e saber o seu uso máis adecuado.
- Crear ou modificar calquera tipo de imaxe, para combinala en calquera proxecto.
- Ter presentes os conceptos básicos da cor.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual asíncrona a través do campus do CIXUG do 17 de abril ao 19 de maio.
Desenvolveranse webinars optativos que están pendentes de fixar.
Programa
1. Introdución:
- Introdución a edición dixital.
- Cultura libre e Creativa Commons.
- Formatos de imaxe estándar.
- Conceptos básicos de imaxes e cores.
- Obter software de edición de imaxes.
- Acceso a recursos libres e legais.
2. Primeiros pasos:
- Tarefas básicas de edición.
- Capas: Manipulación, flotantes, transformación e combinación.
3. Pintando e seleccionando:
- Ferramentas de pintura: pinceis, lata, gradacións...
- Clonado e reparado.
- Ferramentas de selección.
- Resolución de problemas frecuentes.
4. Tratamento da cor, transformacións e filtros:
- Textos.
- Transformacións: aliñamento e perspectiva.
- Ferramentas de cor: histogramas e curvas.
- Máscara de capa.
- Filtros.
- Outras aplicacións de tratamento de imaxes.
Impartido en
Plataforma do CIXUG.
Profesorado
Óscar Fernández Carballo
É enxeñeiro informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.
Ten experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación etc.).
Sistema de avaliación
Desenvolveranse diferentes exercicios ao longo do curso.