Ciclo de lingua e calidade
Información do curso
Ciclo de lingua e calidade
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL23.110123 | ||||
Nome | Ciclo de lingua e calidade |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 10 | ||||
Descrición | Curso destinado a persoas interesadas en mellorar a súa competencia escrita.
|
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 06/02/2023 09:00 - 03/03/2023 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 10/04/2023 - 25/04/2023 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria
Criterios de selección
Por rigorosa orde de inscrición
Calendario
É un curso virtual asíncrono.
Programa
1. A disposición textual e as variedades tipográficas (2 horas)
Á hora de crear un texto é importante fixarse na súa estrutura, así como no tipo de letra, nos espazos do texto, nas marxes etc. Neste tema repasaremos todos estes aspectos para mellorar a presentación dos nosos textos.
2. As maiúsculas e as minúsculas (2 horas)
Con este tema pretendemos dar algúns consellos sobre o uso correcto das maiúsculas e das minúsculas en contextos dubidosos (títulos de obras, nomes de departamentos etc.).
3. As citas e as referencias bibliográficas (2 horas)
O principal obxectivo será coñecer e empregar axeitadamente os diferentes modelos que existen para introducir bibliografía e citas nos nosos textos, así como as recomendacións desde a Área de Normalización Lingüística para mellorar a súa calidade.
4. Os préstamos lingüísticos e os neoloxismos (2 horas)
Este tema centrarase no estudo da ampliación do vocabulario da lingua galega. Por unha banda, analizaremos os estranxeirismos (palabras collidas doutra lingua) que se poden adaptar ao galego e os que non se deben empregar; por outra banda, daremos unhas nocións sobre outro tipo de creación de novas palabras (neoloxismos).
5. A fraseoloxía galega (2 horas)
Neste tema traballaremos co conxunto de expresións peculiares, como refráns e frases feitas, que posúe a lingua galega para dar conta de realidades cotiás. O obxectivo principal será coñecer estas expresións e sabelas empregar en contextos específicos.
Modo de pagamento
De balde
Impartido en
É un curso virtual asíncrono.
Observacións
Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.
Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.
Titulación
Todas as titulacións.
Profesorado
Paula Fernández Martínez
Sistema de avaliación
Para acadar o diploma, requírese realizar o 100 % das actividades e superar o 80 % delas, ademais da correspondente proba final.
Data da proba final en liña: 26 de abril, de 17.00 a 17.45 h