Metodoloxía do Enfoque do Marco Lóxico (EML) aplicada aos Proxectos de Cooperación Internacional ao desenvolvemento presentados polas universidades galegas (Campus de Vigo)
Información do curso
Metodoloxía do Enfoque do Marco Lóxico (EML) aplicada aos Proxectos de Cooperación Internacional ao desenvolvemento presentados polas universidades galegas (Campus de Vigo)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPEML22 | ||||
Nome | Metodoloxía do Enfoque do Marco Lóxico (EML) aplicada aos Proxectos de Cooperación Internacional ao desenvolvemento presentados polas universidades galegas (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Horas | 30 | ||||
Descrición | As universidades son actores clave en todo este proceso de axuda ao desenvolvemento e potentes impulsoras da innovación, o desenvolvemento económico e o benestar social, é por iso que teñen un papel fundamental para lograr o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e á vez, beneficiarse e comprometerse coa Axenda 2030. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.
O enfoque do curso adáptase á formación básica a partir das necesidades e tempos compartidos, sen esquecer o contexto actual, normativo e legal que acompaña unha formulación de proxectos de desenvolvemento. Así, enmárcase nas peculiaridades das convocatorias públicas da orde anual das bases publicadas pola Cooperación Galega da Xunta de Galicia, na declaración de Nacións Unidas “Transformando noso mundo: A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible” que é un dos acordos globais máis ambiciosos e transcendentais da historia recente, na Lei 23/1998, do 7 de xullo, de cooperación internacional para o desenvolvemento (Goberno de España, 1998) e da actual Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, así coma na estratexia de resposta á COVID-19 da Cooperación Galega ou do IV Plan Director da Cooperación Galega (2018-2021).
Entidades organizadoras
A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD), conformada polas Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, ten como finalidade promover o traballo en rede entre as universidades galegas nos eidos da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (CUD), e a Educación para o desenvolvemento (EpD).
Área de Equidade e Diversidade (Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade) da Universidade de Vigo.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 12/09/2022 12:00 - 26/10/2022 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 02/11/2022 - 12/12/2022 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 10 |
---|---|
Número máximo de participantes | 20 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico e que teñan solicitado proxectos de cooperación con anterioridade.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
-
Demostrar o coñecemento práctico da metodoloxía do Enfoque de Marco Lóxico.
-
Identificar erros comúns nas formulacións presentadas a subvencións públicas de convocatorias anteriores.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona e presencial no Campus de Vigo.
Parte virtual síncrona (6 horas):
Os días 2 e 3 de novembro de 17 a 20 horas.
Parte presencial (16 horas):
Os días 10, 17, 24 de novembro e 1 de decembro de 16 a 20 horas.
Traballo autónomo (8 horas):
Desenvolvemento de tarefas de formulación de proxectos a realizar individualmente.
Ata o día 12 de decembro.
Programa
-
Parte virtual síncrona (6 horas):
Os días 2 e 3 de novembro de 17 a 20 horas.Presentación dos obxectivos do curso e da metodoloxía de traballo.
Exposición teórica sobre o ciclo dun proxecto de desenvolvemento.
A Metodoloxía do Enfoque do Marco Lóxico na Cooperación Internacional ao Desenvolvemento.
Parte presencial (16 horas):
Desenvolvemento de mesas de traballo por grupos.
Formulación co Enfoque Marco Lóxico a partir dun caso práctico
Os días 10, 17, 24 de novembro e 1 de decembro de 16 a 20 horas.Traballo autónomo (8 horas):
Desenvolvemento de tarefas de formulación de proxectos a realizar individualmente entregaranse a través de MOOVI.
Ata o 12 de decembro.
Impartido en
A parte virtual síncrona desenvolverase a través do campus remoto e a parte presencial levarase a cabo no salón de graos da Facultade de Ciencias Economómicas e Empresariais. As tarefas asíncronas realizarnase a través de MOOVI.
Observacións
IMPORTANTE:
Lembre que segundo as directrices aprobadas pola Comisión de Estudos Propios (CEP) do 26 de xullo de 2022:
“As persoas matriculadas nun curso poderán renunciar a el cunha antelación mínima de tres días hábiles da data de comezo do curso, para deste xeito permitir a asistencia a outra persoa que estea na listaxe de agarda.
No suposto de que a persoa non comunique a súa renuncia coa antelación indicada ou que asista a menos do 20% da formación, terá a menor prioridade de acceso aos cursos que se realicen nos seis meses posteriores, a non ser que presente unha causa xustificada da non asistencia.
De acordo coas características do curso establecerase un mecanismo de control da asistencia ou realización.” Pode consultalas na seguinte ligazón.
Profesorado
Virginia Romero Sobral
É licenciada en Ciencias Políticas e da Administración e ten un mestrado en Acción Solidaria Internacional, Axuda Humanitaria e Migración, Asilo e Refuxio.
Ten unha experiencia de máis de 20 anos na identificación, formulación, xestión, xustificación e avaliación de programas e proxectos de cooperación ao desenvolvemento financiados pola Unión Europea, AECID, Xunta de Galicia e Fondo Galego de Cooperación etc.
Esther Rodríguez López
É licenciada en Dereito e ten un mestrado en Asuntos da Unión Europea.
Ten unha experiencia de máis de 20 anos na identificación, formulación, xestión, xustificación e avaliación de programas e proxectos de cooperación ao desenvolvemento financiados pola Unión Europea, AECID, Xunta de Galicia e Fondo Galego de Cooperación etc.
Sistema de avaliación
-
Asistencia ao 80% das sesións virtuais síncronas e presenciais e a realización dos traballos requiridos.