LibreOffice Calc Avanzado
Información do curso
LibreOffice Calc Avanzado
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPCICAL22 | ||||
Nome | LibreOffice Calc Avanzado |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 24 | ||||
Descrición | Un dominio profesional da folla de cálculo require afondar nos temas que se tratan no curso de Iniciación a Calc, así como adquirir novas habilidades en ferramentas para a análise de datos e dominar as ferramentas gráficas que ofrece LibreOffice en todos os programas que integran a suite ofimática. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do Profesorado da Universidade de Vigo para o ano 2022.
Entidades organizadoras
Consorcio para o desenvolvemento de aplicación para a xestión universitaria (CIXUG).
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 17/02/2022 12:00 - 06/05/2022 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 23/05/2022 - 23/06/2022 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 1 |
---|---|
Número máximo de participantes | 5 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada ao profesorado da Universidade de Vigo. Terá prefencia o profesorado que estea no POD deste ano académico.
Se quedan prazas dispoñibles poderán participar outros perfís da Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.
Obxectivos
- Definir e modificar os estilos de cela para aplicar formatos con elegancia e produtividade.
- Aplicar nomes de intervalos de celas.
- Elixir os diferentes tipos de funcións segundo as necesidades.
- Combinar diferentes funcións nunha fórmula.
- Empregar os formatos condicionais para a mellora da presentación de valores.
- Planificar proxeccións de datos a través do “solucionador”.
- Elaborar táboas dinámicas para analizar e resumir grandes cantidades de datos.
- Dominar diferentes tipos de protección de datos.
Criterios de selección
Por orde de preinscrición.
Calendario
O curso desenvolverase en modalidade virtual asíncrona a través do campus do CIXUG do 23 de maio ao 23 de xuño.
Programa
- Traballo con estilos.
- Formulación avanzada:
- Uso de asistentes.
- Funcións CONTARSE e SUMARSE.
- Funcións de cálculo con datas.
- Funcións de texto.
- Función SE.
- Función PROCV.
- Referencia mixtas. - Formatos condicionais:
- Estilos de cela.
- Iconas, barras de datos e escala de cores.
- Baseado en fórmulas. - Táboas dinámicas:
- Creación de táboas dinámicas.
- Modificación de táboas dinámicas.
- Agrupación de datos en táboas dinámicas. - Protección de documentos.
- Traballar con hipóteses.
Impartido en
Plataforma do CIXUG.
Observacións
Na formación en liña teráse acceso aos contidos teóricos e laboratorios prácticos. Os laboratorios poderán visualizarse a través das sesións gravadas e que as persoas participantes poderán replicar nos seus equipos.
Para o acceso aos contidos, as persoas participantes deben dispoñer dun navegador web e conexión a Internet. Para poder realizar as entregas de exercicios é necesario contar cun acceso a unha instalación de LibreOffice Calc, versión 6.3 ou superior. Ademais, é aconsellable ter configurada a interface en lingua galega.
Desenvolveranse videoconferencias voluntarias de aproximadamente dunha hora de duración nas que poder formular e solucionar dúbidas.
Profesorado
Rafael Rodríguez Gayoso
É enxeñeiro en Informática pola Universidade da Coruña. Foi coordinador da Oficina de Software Libre (OSL) no período 2013-25. Na actualidade é coordinador de proxectos no Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia (CIXUG).