Como redactar e expoñer o teu TFG ou TFM
Información do curso
Como redactar e expoñer o teu TFG ou TFM
Tipo | Curso de idiomas | ||||
Código | ANL42.072021 | ||||
Nome | Como redactar e expoñer o teu TFG ou TFM |
|
|||
Modalidade | Virtual (síncrona e asíncrona) | ||||
Horas | 25 | ||||
Descrición | Facer un traballo de investigación solvente é fundamental, e saber comunicalo ten a mesma importancia. Así pois, é imprescindible redactar con corrección os traballos académicos e saber expresar as ideas para expoñer os resultados dun TFG ou TFM. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 813 574 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 06/09/2021 09:00 - 24/09/2021 14:00 |
---|---|
Período de docencia | 02/11/2021 - 03/12/2021 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 15 |
---|---|
Número máximo de participantes | 30 |
Créditos ECTS | 0.8 |
Destinatarios/as
Membros da comunidade universitaria.
Obxectivos
1. Mellorar a calidade da lingua nos traballos de investigación.
2. Afondar nos parámetros de redacción académica e científica.
3. Coñecer a metodoloxía de traballo para preparar o discurso e a súa presentación en público.
4. Fomentar o uso do galego nos traballos de investigación.
Criterios de selección
Por rigorosa orde de preinscrición.
Calendario
É un curso virtual, pero haberá clases telepresenciais un día á semana.
As datas das clases telepresenciais serán as seguintes:
Os días 2, 9, 16 e 23 de novembro, de 16.30 a 18.30 horas
Programa
Módulo 1. Deseño e redacción do traballo de investigación (15 horas)
1. A comunicación escrita
2. A redacción
3. Elementos especiais no texto
4. A revisión do traballo científico
5. Referencias bibliográficas
Módulo 2. Presentar e expoñer de maneira eficaz diante do tribunal (10 horas)
1. Como preparar unha presentación
2. Partes da presentación
3. A posta en escena
Modo de pagamento
De balde.
Impartido en
É un curso virtual.
Observacións
O curso estará recoñecido con 0,8 créditos ECTS. O alumnado terá que validalo na secretaría da súa facultade.
Establécese un número mínimo de 15 persoas preinscritas no curso; de non se acadar ese número, o curso poderá anularse, e así se lles notificará ás persoas preinscritas. O número máximo de prazas é de 30.
Deberase acceder ao curso obrigatoriamente nos tres primeiros días.
Titulación
Todas as titulacións.
Profesorado
Concha Diéguez Diéguez
Sistema de avaliación
Para obter o diploma correspondente, é obrigatorio asistir ás clases telepresenciais; realizar o 100 % das actividades propostas polo profesorado e segundo as normas que este estableza, das cales cómpre superar o 80 %; ademais da proba de avaliación final.