Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP

Información do curso

Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPGI21VIR
Nome Creación e tratamento de imaxes e fotografías con GIMP
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

Este curso está organizado pola Oficina de Software Libre (CIXUG) e está recoñecido como Actividade de Formación Permanente do Profesorado. Con esta actividade formativa perséguese que as persoas que participen adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes. Traballarase principalmente co GIMP, aínda que se fará alusión a outros programas de edición de imaxes como Krita, Scribus e Inkscape, todos eles de software libre. 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

A creación e manipulación de imaxes é un dos labores máis habituais nos procesos creativos dixitais.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 22/06/2021 12:00 - 13/08/2021 23:59
Período de docencia 13/09/2021 - 08/10/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 5

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

  • Afacer ao usuario/a á interface de GIMP.
  • Ser quen de empregar ferramentas dixitais para a creación e tratamento de imaxes.
  • Definir os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
  • Empregar diferentes ferramentas dixitais para a xeración e tratamento de imaxes.
  • Atopar imaxes legais para completar as composicións gráficas.
  • Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e o seu uso máis axeitado.
  • Modificar imaxes tendo en conta os conceptos básicos de cor.

Condicións de acceso

Cómpre dominar habilidades ofimáticas básicas: uso básico de procesadores de texto ou follas de cálculo, xestión de ficheiros (copiar, mover, borrar, renomear ficheiros) e interacción básica con calquera sistema operativo de escritorio.

Calendario

Do 13 de setembro ao 8 de outubro.

Programa

Introdución (2h)

  • Introdución a edición dixital.
  • Cultura libre e Creativa Commons.
  • Formatos de imaxe estándar.
  • Conceptos básicos de imaxes e cores.
  • Obter software de edición de imaxes.
  • Acceso a recursos libres e legais.

Primeiros pasos (7h)

  • Tarefas básicas de edición.
  • Capas: Manipulación, flotantes, transformación, combinación.

Pintando e seleccionando (6h)

  • Ferramentas de pintura: pinceis, lata, gradacións...
  • Clonado e reparado.
  • Ferramentas de selección.
  • Resolución de problemas frecuentes.

Tratamento da cor, transformacións e filtros (5h)

  • Textos.
  • Transformacións: aliñamento e perspectiva.
  • Ferramentas de cor: histogramas e curvas.
  • Máscara de capa.
  • Filtros.
  • Outras aplicacións de tratamento de imaxes.

Impartido en

Aula virtual do CIXUG: http://cursos.cixug.es

Profesorado

Óscar Fernández Carballo

É enxeñeiro informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.
Ten experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación etc.).

Sistema de avaliación

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Writer. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.
A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que se terá en conta:
• Participación (10 horas de conexión como mínimo).
• Avaliación continua mediante: probas, consulta en foros etc...
• Posibilidade dunha proba final.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos