Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais

Información do curso

Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPTRU221VIR
Nome Trucos e boas prácticas na elaboración de documentos dixitais
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Virtual asíncrona
Horas 20
Descrición

Este curso está organizado pola Oficina de Software Libre (CIXUG) e está recoñecido como Actividade de Formación Permanente do Profesorado. O obxectivo deste curso é amosar ao alumnado trucos, e boas prácticas á hora de traballar e crear documentos de texto, para un contorno acedémico, universitario e profesional.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

LibreOffice é OpenOffice son proxectos licenciados en software libre, e están dispoñibles de balde para seren descargados en varias plataformas. Neste curso poderás atopar apuntes, vídeos e exercicios para aprender a dominar a edición de documentos de texto.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 22/06/2021 12:00 - 13/08/2021 23:59
Período de docencia 01/09/2021 - 30/09/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 1
Número máximo de participantes 5

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

Ser quen de empregar as Suites Ofimáticas.
Empregar os atallos de teclado.
Xerar documentos enriquecidos.
Personalizar LibreOffice.
Instalar as extensións.

Programa

1. Introdución:
- Software Libre e software non libre.
- Cultura Libre e Creative Commons.
- Obter recursos libres.
- Formatos estándares.
- Ofimática: paquetes ofimáticos.
- Contorna de traballo do Sistema Operativo.
2. Creación dixital de documentos enriquecidos:
- Estilos e formateado.
- Modelos.
- Tipografías e fontes libres.
- Referencias bibliográficas.
- Exportar a PDF de calidade.
- Trucos e bos costumes.
3. Configuración e personalización de LibreOffice:
- Configuración.
- Personalizar.
4. Extensións:
- Descarga de extensións.
- Xestor de extensións.
- Extensións engadidas por defecto.
- Máis extensións.

Impartido en

Aula virtual do CIXUG: http://cursos.cixug.es

Profesorado

Óscar Fernández Carballo

É enxeñeiro informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.
Ten experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación etc.).

Sistema de avaliación

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Writer. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.
A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que se terá en conta:
• Participación (10 horas de conexión como mínimo).
• Avaliación continua mediante: probas, consulta en foros etc...
• Posibilidade dunha proba final.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos