Aulas virtuais en Moodle para uso docente (Nivel 4)

Información do curso

Aulas virtuais en Moodle para uso docente (Nivel 4)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPMO421
Nome Aulas virtuais en Moodle para uso docente (Nivel 4)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 12
Descrición

Trátase esencialmente dun curso de tipo MOOC desenvolto en MooVi, esencialmente non presencial, baseado nunha aprendizaxe autónoma, ao ritmo do alumnado, con atención e titorización asíncrona a través de foros. Tamén haberá sesións síncronas (dúas horas semanais) a través de Campus remoto.

No curso formúlase unha secuencia de aprendizaxe que se corresponde cun nivel de intensificación avanzado, polo que se recomenda ter uns coñecementos de Moodle equivalentes aos obtidos nos niveis básico, medio e avanzado.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Este curso insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2021. O uso das aulas virtuales constitúe un importante recurso de apoio á docencia presencial, semipresencial ou en liña, sendo o espazo a través do que o profesorado deseña a súa docencia, facilita materiais e actividades ao seu alumnado ademais de comunicarse e realizar avaliacións. Este MOOC aborda cuestións avanzadas sobre a configuración e xestión dun aula virtual para uso docente.

Entidades organizadoras

Área de Formación e Innovación Educativa (Escola Aberta de Formación Permanente).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 19/05/2021 12:00 - 07/06/2021 23:59
Período de docencia 14/06/2021 - 16/07/2021

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 200

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI con carga docente no POD no curso académico actual.

No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación vinculadas á Universidade de Vigo, baixo o criterio da Área de Formación e Innovación Educativa.

Obxectivos

Acadar coñecementos avanzados no emprego de Moodle para o uso docente:
    - Empregar  métodos de cualificación avanzada (rúbricas, guías de avaliación).
    - Usar a ferramenta de detección de plaxio Turnitin, integrada en Moodle.
    - Facer exames con cuestionarios, tanto en liña como na aula, empregando ferramentas avanzadas como Offline Quiz e Safe Exam Browser.
    - Analizar as posibilidades e ferramentas que ofrece Moodle para implantar gamificación nunha materia a través da aula virtual.

Criterios de selección

Por orde de inscrición entre as persoas que cumpran os requerimentos para participar.

Calendario

Desenvolverase de forma asíncrona do 14 de xuño ao 16 de xullo a través da plataforma Moovi.
O curso inclúe dúas horas semanais de titorías síncronas que se desenvolverán os xoves: 24 de xuño, 1, 8 e 15 de xullo de 10 a 12 horas a través do Campus remoto. O seguimento das titorías será voluntario.

Programa

1. Avaliación en Moodle: Rübricas, guías de corrección e avaliación do grupo.
   - Rúbricas.
   - Guías de corrección.
   - Avaliación do grupo.

2. Emprego de Moodle como ferramenta de detección de plaxio: Turnitin.

3. Exames con cuestionarios:
   - Offlines Quiz.
   - Safe Exam Browser.

4. Gamificación con Moodle.

Impartido en

Moovi e Campus remoto (titorías).

Titulación

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo.

O diploma poderá descargarse da plataforma Moovi e estará dispoñible nun prazo de 15 días desde a finalización da formación.

Profesorado

José Carlos López Ardao

É profesor titular da Universidade de Vigo e pertence ao departamento de Enxeñaría telemática.
Con 30 anos de experiencia docente nas materias de Redes de Ordenadores e Internet. O seu campo de investigación estivo sempre relacionado coa análise de prestacións das redes de comunicacións e a enxeñería de tránsito, mais nos últimos 10 anos empezou a traballar e investigar tamén no ámbito da innovación educativa e, de xeito máis concreto, no estudo das relacións sociais na aula, e a aplicación da gamificación e do modelo de aula invertida na docencia. Nestes últimos anos ten impartido tamén numerosos cursos para profesorado, tanto en modalidade presencial como non presencial, esencialmente para a Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia sobre Moodle, Gamificación na docencia e o modelo de aula invertida.

 

Sistema de avaliación

Obtención dunha cualificación igual ou maior ao 80 % no cuestionario  sobre os contidos aprendidos nos vídeos do curso.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos