LibreOffice, Calc nivel avanzado (Modalidade virtual)
Información do curso
LibreOffice, Calc nivel avanzado (Modalidade virtual)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPCIXUG | ||||
Nome | LibreOffice, Calc nivel avanzado (Modalidade virtual) |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | LibreOffice, Calc nivel avanzado insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2020. A actividade formativa está xestionada polo CIXUG. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 812 035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
Descrición
O paquete ofimático LibreOffice vén evolucionando dun xeito progresivo durante os últimos anos, ata converterse nunha das opcións de maior calidade para cubrir as necesidades de calquera posto de traballo relacionado coa ofimática. Ao ter unha licenza libre, ser multiplataforma e atoparse traducido completamente ao galego, fai que sexa unha boa opción para o seu uso en calquera posto dentro da Administración Pública Galega.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 23/06/2020 12:00 - 31/07/2020 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 14/09/2020 - 16/10/2020 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 0 |
---|---|
Número máximo de participantes | 5 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
As persoas participantes terán que ter coñecementos básicos no manexo de follas de cálculo.
Obxectivos
- Aplicación das funcións usadas acotío.
- Levar á práctica fórmulas compostas de varias funcións.
- Análise de erros de sintaxe e busca de solucións.
- Aplicación de solucións para contornas reais.
- Explotación de datos almacenados na folla de cálculo.
Calendario
Do 14 de setembro ao 16 de outubro.
Programa
Tema 1. Contorna de traballo:
Localización de ferramentas.
Tema 2. Formateado de celas e páxinas:
Tema 3. Funcións:
Texto.
Matemáticas.
Condicionais.
Estatísticas.
Bases de datos.
Tema 4. Series personalizadas:
Casos de uso.
Tema 5. Series personalizadas:
Casos de uso.
Tema 6: Validar datos:
Criterios e filtros.
Tema 7: Táboas dinámicas:
Deseño e edición.
Impartido en
Modalidade virtual. O curso desenvolverase na plataforma do CIXUG: https://www.cursos.cixug.es.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen a actividade formativa.
Profesorado
Rafael Rodríguez Gayoso