Prevención de riscos laborais para persoal administrativo
Información do curso
Prevención de riscos laborais para persoal administrativo
Tipo | Actividade de formación | ||||
Código | SPRLAUV2000401 | ||||
Nome | Prevención de riscos laborais para persoal administrativo |
|
|||
Modalidade | Virtual asíncrona | ||||
Horas | 4 | ||||
Descrición | Actividade de formación en materia de prevención de riscos laborais para o persoal administrativo. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986 81 40 88 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Entidades organizadoras
Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo
Servizo de Prevención Alleo NORPREVENCIÓN
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 11/06/2020 10:00 - 22/06/2020 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 26/06/2020 - 10/07/2020 |
Prazas e créditos
Número máximo de participantes | 100 |
---|
Destinatarios/as
Persoal administrativo da Universidade de Vigo.
Obxectivos
O obxectivo desta actividade formativa é proporcionar, ao persoal administrativo, formación básica en materia de prevención de riscos laborais para que realice as súas tarefas baixo unhas condicións de seguridade que impidan a aparición de accidentes de traballo ou enfermidades profesionais.
Criterios de selección
No caso de que as solicitudes de matrícula superen o límite de prazas, adxudicaranse por orde de inscrición.
Coas persoas solicitantes non admitidas configurarase unha lista de agarda con matrícula preferente en próximas edicións do curso.
Calendario
Inicio: 26 de xuño ás 10.00 h.
Fin: 10 de xullo ás 10.00 h.
Programa
INTRODUCIÓN
- O traballo e a saúde
- A prevención de riscos laborais
- Técnicas preventivas
- Rango a respectar na toma de medidas preventivas
- Risco laboral grave ou inminente.
- Obrigas e dereitos do traballador
POSTO DE TRABALLO
DESPRAZAMENTOS EXTERIORES
ORDEN E LIMPEZA
ALMACENAMENTO
POSTURAS DE TRABALLO
INSTALACIÓNS, MÁQUINAS E EQUIPOS DE TRABALLO
- Instalación eléctrica
- Máquinas e ferramentas
PANTALLAS DE VISUALIZACIÓN DE DATOS
MEDIDAS DE EMERXENCIA
- Coñecementos xerais
- Regras básicas para a evacuación de instalacións fixas
EQUIPOS DE EXTINCIÓN DE INCENDIOS
- Clases de lume e axentes extintores
- Instalacións de detección, alarma e extinción de incendios
- Utilización dos extintores
Observacións
O 26 de xuño recibirá no seu enderezo electrónico(*) a seguinte documentación: manual de formación e test de avaliación.
ATENCIÓN: Deberá respostar a este correo electrónico confirmando a recepción da documentación, enchendo a tal efecto, un cadro cos seus datos: nome, DNI, centro, categoría.
O prazo máximo para entregar o test cuberto será o 10 de xullo ás 10.00 h. Deberá envialo ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais: sprl.administracion@uvigo.es.
(*) Comprobe se ten actualizado o seu enderezo electrónico en Bubela.
Profesorado
Técnicos/as de Ibersys Seguridad y Salud SL. (NORPREVENCIÓN) avaliarán os tests e superada a proba expedirán o correspondente certificado de formación. Facilitarase un medio de contacto para consultar calquera dúbida sobre o temario.
Sistema de avaliación
Cuestionario tipo test.