Atopa o teu curso

Información do curso

Taller de reanimación cardiopulmonar (11:00 a 11:45)


Tipo Taller
Código SPRLOVI1900802
Nome Taller de reanimación cardiopulmonar (11:00 a 11:45)
  Non está habilitada a opción de preinscrición en liña para este curso.
Modalidade presencial
Descrición

Con motivo do día mundial da Reanimación Cardiopulmonar (RCP), o SERGAS ven realizando talleres de divulgación das técnicas de Soporte Viatal Básico (SVB).

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 81 40 88
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Entidades organizadoras

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo e o SERGAS.

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 15
Número máximo de participantes 30

Destinatarios/as

O persoal de administración e servizos, o persoal docente e investigador e o alumnado da Universidade de Vigo.

Obxectivos

  • Divulgar as técnicas de Soporte Vital Básico (SVB)
  • Dar a coñecer a cadea de supervivencia incidindo nos tres primeiros eslabóns

Criterios de selección

Por orden de inscrición.

Nota: O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de outubro ou ata cubrir todas as prazas ofertadas.

Calendario

Mércores, 16 de outubro de 2019

De 11:00 a 11:45 horas.

Programa

Metodoloxía: O taller consistirá nunha parte teórica sobre diagnóstico de parada cardiorrespiratoria e nunha parte práctica sobre torsos de RCP.

  • Recoñecer unha parada cardiorrespiratoria.
  • Pedir axuda correctamente.
  • Expoñer as indicacións da masaxe cardíaca e animar a realizalo facendo fincapé na realización dunha masaxe cardíaca continua e de calidade cunha técnica correcta.
  • Expoñer as situacións nas que pararemos as manobras de masaxe cardíaca.
  • Respiracións de rescate: técnica e indicacións.
  • Explicar que é un Desfibrilador Externo SemiAutomático (DESA) e como se usa.
  • Primeiros auxilios: explicar o algoritmo de actuación nas situacións de obstrución da vía aérea: atragoamento (OVACE) e posición lateral de seguridade.

Impartido en

No Salón de Actos da EE Industrial (Campus Lagoas, Marcosende)

Profesorado

Persoal sanitario do Servizo de Medicina Intensiva do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos