sODStendo o Planeta. Semana da Axenda 2030 na Uvigo. Edición 2019

Información do curso

sODStendo o Planeta. Semana da Axenda 2030 na Uvigo. Edición 2019


Tipo Actividades de Voluntariado e Cooperación
Código RSCD-201901
Nome sODStendo o Planeta. Semana da Axenda 2030 na Uvigo. Edición 2019
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 16.30
Información de contacto:  
 · Teléfono 986130261
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

A Universidade de Vigo ten un forte compromiso coa implementación da Axenda 2030 o que nos obriga a pór en marcha unha variedade de iniciativas orientadas a situar o desenvolvemento sostible, e o que isto implica na protección do planeta e na procura de sociedades xustas e inclusivas, no centro de atención da nosa actividade docente e investigadora.

Nesta liña, a Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación organiza entre os días 16, 17 e 18 de outubro no Campus de Vigo as xornadas sODStendo o Planeta. Semana da Axenda 2030 na UVigo destinadas á comunidade universitaria, nomeadamente ao estudantado.

A través de conferencias, obradoiros, concertos e actividades culturais nas que van participar expertos universitarios e representantes de entidades sociais preténdese dar a coñecer os 17 ODS da Axenda, sensibilizar aos membros da UVigo sobre a importancia do desenvolvemento sostible para o planeta e recoñecer a aquelas persoas ou entidades que teñan destacado na súa labor solidaria a través do Premio Consello Social_UVigoHumana.

Entidades organizadoras

  • Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación.
  • Consello Social da UVigo.
  • Campaña Impórtanos.
  • Rede Social Galicia Sur.

 

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 30/09/2019 11:49 - 17/10/2019 23:55
Período de docencia 16/10/2019 - 18/10/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 20
Número máximo de participantes 60

Destinatarios/as

  • Estudantado (recoñeceranse 16 horas e 30 minutos de ECTS)
  • PDI
  • PAS
  • Público en xeral

Obxectivos

  • Sensibilizar á comunidade universitaria sobre o desenvolvemento sostible.
  • Dar a coñecer entre a comunidade universitaria ás entidades sociais a través dos 17 ODS da Axenda 2030

Programa

Nesta ligazón pódese acceder ao programa actualizado.

Impartido en

Estas xornadas terán lugar no Campus de Vigo nos edificios Ernestina Otero, Miralles e Centro Comercial de Cidade Universtaria. No programa indícanse as salas exactas onde se van desenvolver as actividades.

Se se acada un número mínimo de 20 persoas inscritas procedentes do Campus de Pontevedra e Ourense fretaranse buses ata o Campus de Vigo.

Observacións

Unha vez realizada a matrícula, a organización das Xornadas porase en contacto coas persoas matriculadas para coñecer que obradoiros desexan realizar.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos