Atopa o teu curso

Información do curso

Encontro de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento para o PDI (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPXOR19VI
Nome Encontro de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento para o PDI (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade presencial
Horas 8
Descrición

Este encontro está pensado como foro de reflexión entre o PDI da Universidade de Vigo que traballa en temas relacionados coa Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (CUD) ou que esté interesado nesta.
O encontro está dividido en dúas xornadas, unha dedicada á investigación e outra á docencia. Ademais de coñecer as claves da CUD no marco da Axenda 2030, as distintas fontes de financiamento de proxectos e a estratexia da UVigo en docencia CUD, preténdese que o PDI asistente teña o máximo protagonismo. Para isto, convidamos ao PDI a que presente brevemente un proxecto de investigación CUD (no que estea traballando ou queira traballar) ou unha experiencia de cooperación na docencia. E tamén que participe nas mesas de traballo para  deseñar proxectos de investigación e de docencia en CUD coa axuda do persoal técnico da Oficina de Proxectos Internacionais e da  Área de Formación e Innovación Educativa.

O PDI poderá participar en tres modalidades:
-Se quere participar como asistente
-Se quere presentar o seu traballo en investigación ou docencia en CUD.
-Se quere presentar o seu traballo en investigación ou docencia en CUD e asistir ao encontro.

Ao facer a preinscrición pediráselle que sinale a modalidade.

O PDI que presente un traballo de investigación ou docencia en CUD terá que enviar un resumo da súa experiencia (máximo 200 palabras) e a presentación en formato pecha-kucha:

Nesta ligazón ten as indicacións para realizalas.
Descargar plantilla.

As presentacións pecha-kucha enviarnase a innovacion.educativa@uvigo.es antes do 22 de setembro.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O Encontro de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento para o PDI insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está coorganizada pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación e a Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 09/09/2019 12:00 - 23/09/2019 23:59
Período de docencia 26/09/2019 - 27/09/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 150

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

O encontro pretende:

  • Facilitar o encontro de PDI que traballa ou está interesado en temas de CUD.
  • Intercambiar experiencias de investigación e docencia no eido da CUD.
  • Informar sobre as convocatorias de investigación en CUD.
  • Formar en docencia sobre a CUD.
  • Xerar un banco de proxectos e experiencias sobre CUD na Universidade de Vigo.

Calendario

Os días 26 de setembro (09.00-14.00) e 27 de setembro (10.00-13.15).

Programa

26 de setembro:  Investigación e Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (CUD)

09.00-09.30   Inauguración do encontro

09.30-10.30   Conferencia: A Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento no marco da Axenda 2030
                     Silvia Arias Careaga
                       Directora da Oficina de Acción Solidaria e Cooperación da UAM

10.30-11.00   Café solidario

11.00-12.20   Convocatorias públicas de proxectos de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (CUD):                   
                     Carolina Diz Otero
                        Asesora técnica en Cooperación para o Desenvolvemento e Acción Humanitaria. Xunta de Galicia
                     Cristina Zazo
                       Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento
                     Eva Garea Oya
                       Técnica Superior da Oficina de Relacións Internacionais. Universidade de Vigo
                     Yolanda Molares Montero
                       Socia Directora Instituto para o Crecimiento Sostible da Empresa–ICSEM


12.20-14.00   Banco de proxectos CUD da Universidade de Vigo
12.20-13.00   Presentacións Pecha-Kucha do PDI da Universidade de Vigo e entidades sociais
13.00-14.00   Mesas de traballo para a elaboración de proxectos e grupos de investigación

 

27 de setembro:  A docencia no ámbito da Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento (CUD)

10.00-10.30   Estratexia da Universidade de Vigo da CUD no ámbito docente
                     Xosé María Mahou Lago
                        Director de Área de Responsabilidade Social e Cooperación da Universidade de Vigo

10.30-11.00   Café solidario

11.00-13.00   Banco de proxectos CUD na docencia
11.00-11.45   Presentacións Pecha-Kucha do PDI da Universidade de Vigo e entidades sociais
11.45-13.00   Mesas de traballo sobre docencia en CUD dinamizados

13.00            Clausura do encontro e photocall

Pode descargar o programa aquí.

Impartido en

Campus de Vigo.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a todas as sesións presenciais.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos