Atopa o teu curso

Información do curso

Metodoloxías participativas para a innovación social no rural a través da Axenda 2030 (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código AR19METVI
Nome Metodoloxías participativas para a innovación social no rural a través da Axenda 2030 (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade semipresencial
Horas 30
Descrición

O curso  Metodoloxías participativas para a innovación social no rural a través da Axenda 2030 é unha actividade formativa da Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación que é recoñecida polas Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado coma Formación Permanente do PDI.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) marcan unha liña recta para acadar un futuro sostible con dignidade para todas as persoas para o 2030. Para conseguilo é preciso facer fronte ao desafío do despoboamento das zonas rurais que supoñen o 90% do territorio e que so acubillan o 20% da poboación.

As metodoloxías participativas buscan a participación activa da sociedade na transformación da súa contorna inmediata e son unha alternativa de intervención social para solucionar retos sociais. Estas metodoloxías que son lúdicas, interactivas, creativas, flexibles, fomentan a conciencia grupalestán orientadas aos procesos e son comprometidas e comprometedoras.

A proposta formativa pretende espertar a persoa facilitadora que levamos dentro para ser quen de facilitar procesos participativos orientados á innovación social no rural a través da axenda 2030.

A persoa facilitadora promove a  participación, a reflexión, o diálogo entre todas as persoas incluidas no proceso. Trata de favorecer o debate aberto, multisectorial e participativo para incorporar a pluralidade de actores sociais que interveñen na problemática a tratar ou que habitan no territorio a intervir.

O rol dentro da dinámica grupal á construción de confianza e axudar a xerar consenso, promover a comunicación e diálogo, cooperar, acompañar e orientar os procesos e ante un conflito axudar aos/ás participantes a entender os diferentes puntos de vista.

 

 

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 05/08/2019 12:00 - 27/09/2019 23:59
Período de docencia 30/09/2019 - 25/10/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 40

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terán preferencia o PDI que no 2019 participe de xeito activo en actividades de investigación vencelladas ao mundo rural e á Axenda 2030.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Comprender os fundamentos da participación e facilitación.
  • Distinguir as diversas ferramentas para a facilitación de grupos.
  • Deseñar metodoloxías participativas para a innovación social.

Calendario

Parte presencial (6 horas) o curso ten dúas quendas:
O 30 de setembro  de 10 a 14 e de 16 a 18 horas.
Ou e 1 de outubro de 10 a 14 e de 16 a 18 horas.

Parte non presencial (24 horas):
-Lecturas de contextualización previa (3 horas).
-Prácticas titorizadas (18 horas).
-Debriefing (3 horas).

Programa

-A axenda 2030: oportunidades e desafíos na súa aplicación no rural.
-Fundamentos da participación e a facilitación de grupos.
-Metodoloxías participativas: Dragon Dreaming, Aer of Hosting, Teoría U, Forum e Process Work.
-Ferramentas para a facilitación dos procesos participativos.
-Deseño de intervencións participativas para a innovación social.
-Avaliar a intervención participativa.

 

Impartido en

Campus de Vigo. Sala I do edificio Miralles.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan á sesión presencial e obteñan a cualificación de aptitude na parte non presencial.

Profesorado

Pilar Casals Díaz

É Educadora social pola Universidade da Coruña e licenciada en Ciencias do Traballo pola Universidade de Granada. Cursou o mestrado de Asuntos Internacionais e Dereitos Humanos pola EF International School de Oxford e o mestrado de Recursos Humanos pola ISCT-IUL de Lisboa. É Experta en facilitación de grupos e posúe formación en Art of Hosting, Dragon Dreaming, Teoría U, Forum e Process Work.

Mariana Ruíz de Lobera

É doutora en Psicoloxía Social e licenciada en Socioloxía. Posúe formación en Art of Hosting, Dragon Dreaming, Teoría U, Forum, Process Work e Mindfulness. Imparte docencia na Universidade Autónoma de Madrid sobre liderado participativo e competencias para activar a intelixencia colectiva.

Desenvolve traballos de formación, facilitación e consultoría no terceiro sector e no ámbito corporativbo, sobre liderado saúdable, comunicación intercultural, resolución de conflitos, innovación colaborativa, formación de equipos e Mindfulness.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos