Atopa o teu curso

Información do curso

Creación e tratamento de imaxes e fotografías (Modalidade virtual)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPIM19VIR
Nome Creación e tratamento de imaxes e fotografías (Modalidade virtual)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade virtual
Horas 20
Descrición

A creación e manipulación de imaxes é un dos labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con esta actividade formativa perséguese que as persoas que participen adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes. Traballarase principalmente co GIMP, aínda que se fará alusión a outros programas de edición de imaxes como Krita, Scribus e Inkscape, todos eles de software libre.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Creación e tratamento de imaxes e fotografías insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2019. O curso está xestionado pola Oficina de Software Libre (CIXUG).

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 05/07/2019 12:00 - 03/09/2019 23:59
Período de docencia 09/09/2019 - 07/10/2019

Prazas e créditos

Número máximo de participantes 5

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Definir os principais sistemas e modelos que fundamentan os sistemas dixitais de creación de gráficos dixitais.
  • Empregar diferentes ferramentas dixitais para a xeración e tratamento de imaxes.
  • Atopar imaxes legais para completar as composicións gráficas.
  • Distinguir entre diferentes tipos de imaxes e o seu uso máis axeitado.
  • Modificar imaxes tendo en conta os conceptos básicos de cor.
  • Mellorar a calidade de traballos dixitais (presentacións, memorias, páxinas web...).

Calendario

Do 9 de setembro ao 7 de outubro.

Programa

  Introdución (4 horas):
       Software Libre e software non libre.
       Obtención e instalación.
       Tipos de imaxes e usos.
       Interface gráfica.
       Tarefas básicas de retoque.
       Obtención de recursos gráficos.

  Ferramentas (8 horas):
       De debuxo.
       Capas.
       Textos.
       De selección.
       De transformación.
       De rutas.
       Canais.

  Máscaras e cores (2 horas):
       Xestión da cor.
       Ferramentas de cor.
       Curvas de cor.
       Máscaras de selección.
       Máscaras de capa.
       Máscara de cor.

Filtros e extensións (3 horas):
       Desenfoque.
       Ruído e distorsión.
       Efectos.
       Artísticos.
       Engadindo extensións.

Outras aplicacións de tratamento de imaxes (3 horas):
       Vectoriais.
       Debuxo dixital a man.
       Animación.       

Impartido en

Modalidade virtual.

Observacións

Acreditación da asistencia:

A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que superen a actividade formativa.

Cada un dos temas consta dunha parte teórica, onde se detallan os procedementos para traballar coas diferentes opcións de Writer. Ao final de cada tema hai unha proba de autoavaliación.  E ao final do curso existe unha proba final. A plataforma mide o tempo de conexión de cada participante, criterio que será tido en conta á hora da avaliación final:

Participación (10 horas de conexión como mínimo).
Avaliación continua a través de probas, consulta en foros...
Posibilidade dunha proba final.

Profesorado

Óscar Fernández Carballo

Enxeñeiro informático con ampla experiencia como relator e docente TIC a todos os niveis educativos. Creatividade, entusiasmo, entrega, planificación e unha correcta preparación didáctica son a base dos eventos impartidos.

Experiencia na coordinación de grupos, eventos e proxectos. Elaboración e direcciónde  multitude de cursos, relatoiros e obradoiros (ofimática, deseño gráfico, robótica, programación...).

Antonio Queimaño  (titor)

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos