Xornada informativa das Marie Sklodowska Curie Actions-MSCA (Campus de Vigo)

Información do curso

Xornada informativa das Marie Sklodowska Curie Actions-MSCA (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPMAVI
Nome Xornada informativa das Marie Sklodowska Curie Actions-MSCA (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Mixta (Presencial e virtual)
Horas 8
Descrición

O programa de bolsas ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento profesional e a capacitación adicional dos investigadores/as en todas as etapas profesionais. Promoven a investigación interdisciplinaria e as colaboracións internacionais, apoiando aos científicos/as non so dentro de Europa senón tamén en todo o mundo.

As bolsas MSCA atópanse dentro dos programas máis competitivos e prestixiosos de Europa.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

A Xornada informativa de Marie Sklodowska Curie Actions insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está coorganizada pola Vicerreitoría de Investigación e a Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 30/05/2019 12:00 - 24/06/2019 23:59
Período de docencia 28/06/2019 - 28/06/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo. Terán preferencia as persoas que vaian a presentarse á convocatoria de Marie Sklodowska Curie Actions.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Se tes unha proposta para presentar á vindeira convocatoria e desexa a súa revisión compre que a envíe a innovacion.educativa@uvigo.es antes do 21 de xuño. O formulario da proposta podes descargalo na seguinte ligazón: https://bit.ly/2woiOjc

Obxectivos

  • Presentar unha candidatura á Marie Slodowska Curie Actions (Individual Fellowships).
  • Avaliar os puntos fortes e débiles dunha candidatura.

Calendario

Parte presencial:

O 28 de xuño de 09.30 a 14.00 e de 16 a 17.30 horas.

Parte traballo autónomo:

2 horas para a preparación da proposta.

Programa

09.30-09.40    Presentación de obxectivos e benvida.
                     

09.40-10.20    Introdución ás Accións Marie Sklodowska Curie (MSCA) e calendario de convocatorias.
                      Anxo Moreira González.
                     Técnico superior de I+D.

10.20-11.30    MSCA-Individual Fellowships: convocatoria 2019 e recomendacións para a preparación dunha proposta.
                       Anxo Moreira González.
                      Técnico superior de I+D.

11.30-12.00    Pausa.

12.00-12.30    Incorporación de investigadores/as MSCA-Individual Fellowships á institución de investigación: experiencias e servizos de apoio.
                       Anxo Moreira González.
                      Técnico superior de I+D.                                                                  

12.30-14.00    A experiencia e recomendacións desde o punta das persoas beneficiarias e avaliadoras.
                       Moderadora: María Isabel Doval.
                       Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación da Universidade de Vigo e Experta avaliadora MSCA.
                       Interveñen:
                       Ana Vázquez Alejos (beneficiaria de MSCA).
                       Kais Jacob Mohamed Falcón (beneficiario de MSCA).
                       Iria Fernández Silva (beneficiaria de MSCA).

16:00-17:30  Entrevistas persoais cos avaliadores/as do programa.

 

Impartido en

Campus de Vigo. Sala de xuntas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

Esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a toda a xornada e presenten un esbozo da súa candidatura para avaliar.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos