HR: O selo de excelencia para mellorar o mercado laboral dos investigadores/as (diferentes modalidades: presencial/streaming/diferido)

Información do curso

HR: O selo de excelencia para mellorar o mercado laboral dos investigadores/as (diferentes modalidades: presencial/streaming/diferido)


Tipo Curso de formación do PDI
Código HRS4R
Nome HR: O selo de excelencia para mellorar o mercado laboral dos investigadores/as (diferentes modalidades: presencial/streaming/diferido)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición

A Estratexia de Recursos Humanos para investigadores/as (HRS4R) ten como obxecto contribuír ao desenvolvemento dun mercado laboral europeo atractivo para os investigadores/as.

Os beneficios do selo HR para o persoal investigador son recoñecer os seus dereitos como  profesional, garantir a transparencia no seu reclutamento, valorar como experiencia a súa mobilidade ou respetar o equilibrio entre a súa vida persoal e profesional.

A estratexia foi posta en marcha pola Comisión Europea para apoiar ás universidades, institucións de investigación e organizacións que financian a investigación na aplicación da Carta europea do investigador/a e do Código de conducta para a contratación de investigadores/as.

A Carta Europea do Investigador/a é un conxunto de principios xerais e requisitos que definen papeis, responsabilidades e dereitos dos investigadores/as, empresarios/as e provedores/as de fondos.

O Código de Conducta para a Contratación de Investigadores/as, subliña a importancia dos procedementos de contratación; abertos e transparentes, e dos comités de selección diversos e experimentados.

 

Información de contacto:  
 · Teléfono 986 812 035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso HR: O selo de excelencia para mellorar o mercado laboral dos investigadores/as insírese dentro das actividades formativas institucionais da Universidade de Vigo para o ano 2018. O curso está coorganizado pola Vicerreitoría de Investigación e a Vicerreitoría de Ordenación Académica e Profesorado.

 

O curso ofertarase en tres modalidades; presencial, virtual streaming e virtual diferido.

Modalidade presencial:

Calendario: 7 e 8 de maio de 10 a 14 horas.
Lugar: salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.
Superación do curso: será necesario asistir ao 80% das horas e responder o cuestionario do curso en FaiTIC.

 

Modalidade virtual streaming:

O alumnado poderá seguir en tempo real a actividade formativa desde o seu ordenador e poderá participar no chat formulando preguntas aos relatores/as

Calendario: 7 e 8 de maio de 10 a 14 horas.
Superación do curso: será necesario a conexión do 80% das horas e responder o cuestionario do curso en FaiTIC.

 

Modalidade virtual diferido:

O alumnado poderá seguir en diferido a actividade formativa a través de FaiTIC.

Calendario: do 10 ao 16 de maio.
Superación do curso: será necesario a conexión do 80% das horas e responder o cuestionario do curso en FaiTIC.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 18/03/2019 12:00 - 03/05/2019 23:59
Período de docencia 07/05/2019 - 08/05/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 200

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o PDI e persoal investigador da Universidade de Vigo.
Tamén poderá participar alumnado de doutoramento.

Obxectivos

  • Describir as principais actuacións da estratexia HRS4R.
  • Asociar a HRS4R coa Axenda 2030.
  • Examinar os contidos principais do Código de conduta e a Carta do investigador/a.
  • Deducir o impacto da estratexia na Universidade de Vigo.
  • Clarificar as prácticas OTMR (Open, Transparent and Merit-based Recruitment) na contratación.
  • Identificar os servizos da rede EURAXESS no tocante a catro eixes: oportunidades laborais, servizos personalizados, redes e bases de colaboración e soporte e implantación da estratexia C&C (Código de conduta e Carta do investigador/a) e H2020.

 

Profesorado

Diferentes relatores/as.

Programa

7 de maio

10.00-10.15      Presentación de obxectivos e benvida
                       María Belén Rubio Armesto
                      
Vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo

10.15-10.45      A estratexia HRS4R da Comisión Europea: a Carta do investigador/a e o Código de Conducta
                       Lorena Muñoz Vivas
                       Socia Directora de Effectia Consulting

10.45-11.15      Presentación do Plan de acción da Universidade de Vigo
                       Ana María Bernabeu Tello
                       Directora da Área de Investigación da Universidade de Vigo

11.15-12.15      O aliñamento da Estratexia HRS4R coa Axenda 2030
                       Xosé María Mahou Lago
                       Director da Área de Responsabilidade Social e Cooperación

12.15-12.45      Descanso

12.45-13.55      Presentación das ferramentas OTMR. Leccións aprendidas e boas prácticas internacionais
                       Marta Arregui García-Miguel   
                      
Vicexerencia de Investigación e Política Académica da Universidade Complutense de Madrid

14.00               Peche

 

8 de maio

10.00-10.30      A HRS4R no contexto das políticas de calidade da Universidade de Vigo
                       José Miguel Dorribo Rivera
                       Técnico da Área de Calidade da Universidade de Vigo

10.30-11.30      Presentación e exercicio práctico en base ao Researcher Development Framework Planner-Crag Vitae
                       Lorena Muñoz Vivas
                       Socia Directora de Effectia Consulting

11.30-12.15      O impacto da HRS4R nas universidades I: cambios de cultura
                       Lluis Rovira i Pato
                       Director de Centres de Recerca de Catalunya (CERCA)

12.15-12.45     Descanso

12.45-13.30      Impacto da HRS4R nas universidades II: Retos dos recursos humanos de I+D en Europa
                       Lluis Rovira i Pato
                       Director de Centres de Recerca de Catalunya (CERCA)

13.30-13.55      Avaliación e enquisa
                       Lorena Muñoz  Vivas
                       Socia Directora de Effectia Consulting

14.00               Peche

Observacións

Pode consultar máis información do selo HR na Universidade de Vigo premendo aquí.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos