Como motivar ao alumnado na aula (Campus de Vigo)

Información do curso

Como motivar ao alumnado na aula (Campus de Vigo)


Tipo Curso de formación do PDI
Código PFPPMO19VI
Nome Como motivar ao alumnado na aula (Campus de Vigo)
  Lembre que para acceder ou matricularse nos cursos debe entrar no sistema polo menú de Acceso (á esquerda da ventá). Se aínda non está rexistrado prema aquí.
Modalidade Presencial
Horas 8
Descrición

A capacidade de xerar motivación no alumnado é unha das competencias fundamental no profesorado. Dela depende unha parte importante dos resultados académicos do alumnado. A motivación é algo moi persoal aínda que existen claves para traballar e acadar estados motivacionais óptimos. A motivación é un disparador do talento e aprender a autorregular o circuito motivacional é unha clave para o éxito profesional.

Información de contacto:  
 · Teléfono 986812035
 · Fax
 · Enderezo electrónico
Compartir:

Descrición

O curso Como motivar ao alumnado na aula insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.

Información sobre o calendario (datas)

Período de matrícula 07/03/2019 12:00 - 22/04/2019 23:59
Período de docencia 21/05/2019 - 22/05/2019

Prazas e créditos

Número mínimo de participantes 10
Número máximo de participantes 20

Destinatarios/as

Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.

Obxectivos

  • Identificar as claves neurobiolóxicas da motivación.
  • Diferenciar os distintos perfís motivacionais e as estratexias para espertar a motivación do alumnado.
  • Xerar experiencias motivacionais óptimas.

Calendario

Os días 21 e 22 de maio de 10 a 14 horas.

Programa

1. Introdución.

2. Motivación na aula:
   - Circuito neurobiolóxico da motivación.
   - Estilos motivacionais e estratexias de traballo.
   - 7 pasos para traballar a motivación.
   - Motivación na aula: boas prácticas.

3. Reflexións finais e peche.

Impartido en

Campus de Vigo. Aula M-106 da Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía.

Observacións

ACREDITACIÓN DA ASISTENCIA:

A asistencia a esta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas inscritas que asistan a todas as sesións do curso.

Profesorado

Mª Luisa de Miguel

É Mentora Senior e Coach Executiva certificada internacionalmente por AICM (Asociación Internacional do Coaching e Mentoring) e por AECOP España. Está certificada como Practitioner en Programación Neurolingüística polo Instituto do Potencial Humano e certificada como Lean StartUp Management pola asociación Lean StartUp Management.
Posúe formación en Intelixencia Emocional acreditada pola ICF, Psicodrama, Coaching de Equipos modelo Tavistock, Neurodidáctica, Supervisión en Coaching, Método Montessori e Técnicas Avanzadas de Coaching.

Recibiu o premio internacional en Mentoring 2015 pola EMC e o premio internacional CV Magazine 2017 Best in Career Development Mentoring-Spain & Recognised Leader in Professional Development.

É licenciada en Dereito, mestrada en Asesoría Fiscal e mestrada en Xénero e Diversidade.

Calquera dúbida acerca dos detalles dun curso debe dirixila á dirección de dito curso. Por favor, consulte o apartado Información de contacto do curso.

Enderezo electrónico (unicamente problemas técnicos): |  RSS: Catálogo de cursos