Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable (Campus de Vigo)
Información do curso
Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable (Campus de Vigo)
Tipo | Curso de formación do PDI | ||||
Código | PFPPAPP19VI | ||||
Nome | Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable (Campus de Vigo) |
|
|||
Modalidade | Mixta (Presencial e virtual) | ||||
Horas | 20 | ||||
Descrición | A actividade formativa axudará a desenvolver aplicacións móbiles para android, desde a súa concepción, o bocetado, a programación (sen necesidade de coñecer linguaxes de programación) mendiante compiladores de aplicacións como AppInventor e Thunkable, a exportación e a instalación das aplicacións nos diferentes teléfonos móbiles e tablets que funcionen baixo o sistema operativo Android. |
||||
Información de contacto: | |||||
· Teléfono | 986812035 | ||||
· Fax | |||||
· Enderezo electrónico | |||||
Compartir: |
|
Descrición
O curso Creación de apps móbiles para Android con AppInventor e Thunkable insírese dentro do Programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo para o ano 2019. A actividade formativa está organizada pola Área de Formación e Innovación Educativa.
Información sobre o calendario (datas)
Período de matrícula | 18/10/2019 12:00 - 04/11/2019 23:59 |
---|---|
Período de docencia | 06/11/2019 - 11/12/2019 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 2 |
---|---|
Número máximo de participantes | 5 |
Destinatarios/as
Esta actividade está destinada a todo o persoal docente e investigador da Universidade de Vigo, mais terá preferencia o PDI que teña carga docente.
No caso de que quedasen prazas dispoñibles poderán participar outras persoas interesadas na formación.
Obxectivos
- Comprender os principios do deseño de aplicacións para móbiles.
- Identificar os diferentes tipos de aplicacións.
- Capacidade para crear prototipos funcionais de apps webs móbiles para android.
- Capacidade para crear prototipos funcionais apps webs nativas para android.
- Dominar os principais elementos de interacción das aplicacións móbiles: botóns, canvas, integración con outros elementos do teléfono móbil (mail, fotos, mapas...).
Calendario
Parte presencial (12 horas):
6 , 20 de novembro, 4 e 11 de decembro de 10.30 a 14.00 horas.
Parte a distancia (8 horas):
Do 6 de novembro ao 11 de decembro.
Programa
- Desenvolvemento da idea matriz de competencia. (2 horas a distancia).
- Bosquexo da aplicación. 5 horas (3h presenciais e 3 a distancia).
- App inventor e Thunkable. Exportación e instalación da aplicación. 13 h (9 presenciais e 4 a distancia).
Impartido en
Campus de Vigo. Sala III do edificio Miralles.
Observacións
Acreditación da asistencia:
A superación desta actividade formativa será acreditada pola Universidade de Vigo a todas as persoas matriculadas que asistan ao 80% das sesións presenciais do curso e obteñan a cualificación de apto/a na parte non presencial.
Profesorado
Luis Xabier Martínez Rolán
Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, con experiencia en xestión de contidos web e redes sociais para empresas e institucións ata 2017, momento no que se incorpora á Universidade como Profesor Axudante Doutor.
De 2013 a 2016 foi profesor asociado na Universidade de Vigo, onde impartiu varias materias relacionadas co eido dixital. Entre elas, a materia Proxectos interactivos en novos medios: telefonía móbil e TDT na que aborda o proceso de idea, prototipado e plan de viabilidade dunha aplicación para dispositivos móbiles, empregando AppInventor e Thunkable na parte práctica da materia.